Redondela clausura o Obradoiro Ecosostible II

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, xunto ao alcalde de Redondela, Javier Bas, comprobaron hoxe o resultado dos traballos feitos polos 20 alumnos e alumnas que participaron neste programa mixto de formación e emprego que contou con dúas especialidades: cantería e xardinería e agricultura ecolóxica. Alumnos e alumnas traballaron na creación e colocación de mobiliario urbano dun novo xardín no entorno da praza da feira, o mellor lugar para facer o acto de clausura.

O temporal derruba por completo dúas paredes do Pavillón Pena de Francia de Mos

Ao igual que aconteceu no 2016, Mos é un dos concellos da provincia de Pontevedra máis afectados polos temporais de principios de ano. Esta mañá o delegado da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves, achegábase ao municipio mosense para comprobar, in situ, os danos que sufriu o Pavillón de Pena de Francia, que onte sufría graves estragos derrubándose as dúas paredes que se atopaban xusto detrás de ámbalas dúas porterías.

  • Publicado en Mos

O Transporte Metropolitano, eixo do encontro institucional entre López-Chaves e Marcos Besada

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, mantivo hoxe un encontro institucional co alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada, e o seu equipo de Goberno. A xuntanza ─que se estendeu por un tempo superior ás dúas horas─ xirou fundamentalmente sobre a situación e incorporación de Vigo ao Plan de Transporte Metropolitano de Galicia (PTM).

López-Chaves visita o Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Redondela

 O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, trasladouse ata o Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Redondela para saudar aos seus internos e felicitarlles as festas de Nadal. O Centro, ubicado en Chapela, depende da Consellería de Política Social e está destinado a persoas con discapacidade intelectual profunda, severa e media con discapacidade física, psíquica e/ou sensorial grave asociada e con idades comprendidas entre os 18 e os 65 anos.

López-Chaves e Javier Bas clausuran o Obradoiro de Emprego 'Redondela Ecosostible'

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, xunto ao alcalde de Redondela, Javier Bas, entregou esta mañá os diplomas aos 20 alumnos e alumnas que participaron nas dúas especialidades impartidas no Obradoiro de Emprego 'Redondela Ecosostible', un programa mixto de formación e emprego para persoas desempregadas concedido pola Xunta ao Concello de Redondela.

Suscribirse a este canal RSS