Arrancan as obras na contorna do Castro de Chandebrito

O director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, acompañado polo alcalde de Nigrán, Juan González e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, desprazouse onte ata o Concello de Nigrán para supervisar o inicio das obras no Castro de Chandebrito, unha das áreas afectadas pola vaga de lumes do pasado mes de outubro, e que, segundo o director xeral "estarán rematadas nun prazo dunhas catro semanas".

  • Publicado en Nigrán

A Xunta supervisa as obras de mellora de seguridade viaria na PO-331 en Mos

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, desprazouse esta mañá ata a PO-331 (Torneiros-Gondomar) para supervisar as obras de mellora da seguridade viaria que se están a executar ao seu paso polo Concello de Mos. Unha visita á que acudiu acompañado polo xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, José Luis Diez, e o tenente de alcalde de Mos, Alberto Méndez.

  • Publicado en Mos

A Xunta elimina sete puntos de verteduras incontroladas en Redondela

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de rematar os traballos para eliminar sete puntos de vertedura incontrolada no Concello de Redondela situados nos lugares de Cabeiro, Cedeira, Mamoa do Rei, Trasmaño, Campo fútbol Chapela, Buraca e Río Frío. O delegado da Xunta, Ignacio López-Chaves, acompañado polo alcalde do municipio pontevedrés, Javier Bas, desprazáronse ata o Campo de Fútbol de Chapela para comprobar o estado final das actuacións.

Concello e Xunta realizan a renovación integral das canalizacións exteriores do CPI Cova Terreña

A semana pasada iniciáronse as obras de renovación total das tubaxes do CPI Cova Terreña. Desde o Concello enviouse á empresa concesionaria do servizo da auga para verificar o estado das canalizacións tras sufrir unha avaría. Analizada a situación, a Concellería de Educación, tomou a decisión de substituír e mellorar tanto a rede de abastecemento como a de saneamento e púxose en contacto no Xefe Territorial de Educación da Xunta de Galicia, César Pérez Ares, para dar prioridade ás obras e iniciar os traballos cuantos antes.

  • Publicado en Baiona

A Xunta investirá 70.000 euros na cuberta do CEIP Souto Donas de Gondomar

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de anunciar un investimento de preto de 70.000 euros para a substitución integral da cuberta do CEIP Souto Donas, na localidade pontevedresa de Gondomar. Con tal motivo o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, desprazouse onte ata o centro educativo para informar á dirección da actuación prevista.

Avanzan a bo ritmo as obras de acondicionamento e humanización do nó de Sanguiñeda

As obras de acondicionamento e humanización que se desenvolven no nó de Sanguiñeda, no Concello de Mos, entre as estradas N-120 e a N-550 avanzan a bo ritmo e, na mañá de hoxe, foron visitadas polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves; o xefe territorial de Infraestruturas e Vivenda en Pontevedra, José Luis Díez; a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Vías e Obras, Luis Alonso.

  • Publicado en Mos
Suscribirse a este canal RSS