Tomiño impulsa o proxecto «Máis Goián» de reestruturación dos espazos públicos da parroquia

O Concello de Tomiño está ultimando a adxudicación, estes días, dunha parte das obras incluídas no proxecto 'Máis Goián', de reestruturación e mellora dos espazos públicos desta parroquia. As obras que se adxudican nestes días son Ampliación e mellora da accesibilidade á Alameda de Goián. Fase I e Fase II (incluídas no Plan Concellos 2017 e 2018/2019 da Deputación de Pontevedra, con 187.401,57€ e 430.000,00€, respectivamente). Á mesa de contratación da primeira fase das obras, presentáronse 10 empresas e á da segunda fase, 11.

  • Publicado en Tomiño

Mondariz mellora a mobilidade e seguridade viaria na contorna do centro urbano

O Concello de Mondariz esta a desenvolver as obras denominadas de “Mellora de Mobilidade e Seguridade Viaria na Contorna do Centro Urbano e de equipamentos de Mondariz”, unha actuación coa que o Goberno local da continuidade ao Plan de Mobilidade Urbana Sostible que permitiu as obras de mellora da seguranza Avenida Grupo Escolar, nas inmediacións do CPI Mondariz.

Ponteareas licita as obras de humanización do Alto da Gloria

O Concello de Ponteareas inicia a licitación das obras de mellora e humanización do barrio da Gloria e entorno do cemiterio municipal. As actuacións están contempladas na pista municipal que une a estrada de As Neves coa estrada de Guillade, cunha lonxitude de un quilómetro. As melloras consistirán na instalación de rede de saneamento, recollida de augas pluviais e o asfaltado de toda a pista, a creación dunha senda peonil, con zonas verdes no espazo frontal do cemiterio.

Mos aproba a segunda fase da humanización de Cela

A Xunta de Goberno Local do Concello de Mos, aprobou a segunda fase do proxecto de humanización en Cela. Esta segunda fase humanizará a Estrada Generoso Domínguez desde o Camiño de Quinta ata a Igrexa de San Pedro de Cela. A obra conta cun orzamento base de licitación de 360.166,86 € máis IVE segundo consta no proxecto técnico redactado polo enxeñeiro en febreiro de 2019. 

  • Publicado en Mos

Ponteareas destinará 770.000 euros á humanización da Praza de Bugallal

O equipo redactor da reforma e humanización da Praza de Bugallal entregou o proxecto definitivo ao concello de Ponteareas. A obra terá un custo de 770.000 euros dacordo co proxecto e se atopa agora en Patrimonio para obter a súa autorización previa. Unha vez obteña o visto bo licitarase, adxudicarase e executarase, segundo as previsións do goberno, neste ano e nun prazo máximo de seis meses, sempre despois da celebración da festa do Corpus.

Ponteareas acomete a humanización da rúa San Roque

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a Tenente de Alcalde Chus Garrote, anunciaron a humanización da rúa San Roque que une o centro urbano co río Tea na Ponte dos Remedios. A primeira fase desta actuación, que será licitada nos vindeiros días e executada no segundo trimestre deste ano, consiste na reforma do tramo que une a Rúa dos Ferreiros coa Avenida de Castelao. Trátase dunha rúa sen apenas beirarrúas e moi degradada e abandoada, onde os veciños que queren achegarse ao río deben camiñar pola calzada.

Suscribirse a este canal RSS