A langosta, Moncho Borrajo e Luis Zahera, pratos fortes da Festa da Langosta

A Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira chega súa XXIX edición cunha destacada programación onde os humoristas e a música de fusión serán os protagonistas xunto coa raíña da festa, a langosta. Os días 5, 6 e 7 de xullo o porto da Guarda será o escenario da festa gastronómica de referencia. Os restaurantes ofrecerán a langosta acompañada duns 20 pratos mariñeiros sen esquecer dos doces típicos e do viño Denominación de Orixe do Rosal.

Éxito da VII Festa da Empanada en Gondomar

Como todos os anos e coincidindo coa conmemoración do día das Letras Galegas, celebrouse en Gondomar, desde o xoves 16 ata o domingo 19 de maio, a sétima edición da “ Festa da Empanada”, organizada pola Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor, OVALMI, en colaboración coa Concellería de Comercio do Concello de Gondomar. A cita gastronómica tivo unha gran acollida entre veciños e foráneos que se achegaron ata Gondomar para gozar desta delicia culinaria tan presente en Galicia.

Bica sin gluten para el Día Nacional del Celíaco

El 27 de mayo se celebra el Día Nacional del Celíaco. “La Enfermedad celíaca es un trastorno crónico de carácter autoinmune y sistémico provocado por una intolerancia permanente al gluten que afecta a individuos con predisposición genética.” (del blog Celicidad). Se calcula que esta enfermedad afecta a un 1% de la población, y que un 75% de las personas celíacas todavía no están diagnosticadas. En la zona correspondiente a la Delegación de Vigo (zona Sur de la provincia de Pontevedra) hay más de 560 personas celíacas diagnosticadas.

Esta fin de semana arranca na Guarda unha nova edición de 'Tapearte'

Este xoves presentouse na Casa dos Alonsos da Guarda, a Ruta gastronómica Tapearte 2019, o evento culinario da primavera como complemento a unha ampla e variada programación cultural como a Festa das Letras e o Día Internacional dos Museos. Un total de 16 bares e restaurantes da vila ofertarán tapas os venres, sábados e domingos en horario de 12:00 h a 14:00 h e de 19:00 h a 22:00 h a un prezo simbólico de 2 € a tapa.

Redondela prepárase para a XXXIII edición da Festa do Choco

Redondela presentou esta mañá o programa da que será a 'XXXIII Festa do Choco", que se desenvolverá os días 10, 11 e 12 de maio. O alcalde de Redondela, Javier Bas, agradecía o traballo "daquelas persoas que fundaron a festa que loitaron por exaltar o choco de Redondela", agradecemento que facía extensivo "á Asociación de Empresarios e a todos os hostaleiros da vila pola exaltación deste produto".

BaideTapas, cando Baiona transfórmase en gastronomía

O Mesón Fidalgo de Sabarís, establecemento que no pasado ano 2018 obtiña o recoñecemento á segunda Mellor Tapa da pasada edición do BaideTapas, foi o escenario elixido para a presentación da cita anual que converte a Baiona nun claro referente da calidade gastronómica do sur de Pontevedra. Entre os días 9 de maio e 2 de xuño, veciñanza e visitantes poderán degustar un total de 23 tapas, a cada cal mellor, noutros tantos establecementos cun prezo de 2,50 € ou 3,90 € se é combinado cun dos catro viños patrocinadores da campaña.

  • Publicado en Baiona

Todo preparado para 'O Porriño Street Food'

A praza Arquitecto Antonio Palacios do Porriño acollerá, dende as 21 horas do vindeiro venres, 'O Porriño Street Food', unha cita na que se combinan a gastronomía e a música en directo. Seis serán os food track que se acheguen á vila da Louriña para participar neste festival gastronómico: Mean Dogs, Crepes & Roll, Faiscas, Matafame e Gale-Truck –todos eles de Ourense– aos que seumarán os leoneses de Rock & Dog.

Suscribirse a este canal RSS