Exposición 'Vento nas velas' de Xurxo Lobato en Baiona

Dende este sábado 8 de xuño ata o vindeiro 7 de xullo ámbolos dous inclusive, veciñanza e visitantes poderán gozar, no marco incomparable do paseo Ribeira de Baiona, da exposición fotográfica 'Vento nas Velas' do fotógrafo Xurxo Lobato. A mostra, organizada pola Deputación de Pontevedra en colaboración co Concello de Baiona, está composta por cinco grandes cubos expositivos de carácter didáctico, pensada para achegar ao público a cultura marítima da nosa provincia.

  • Publicado en Baiona

O Centro Cultural do Porriño acollerá a exposición de fotografías de Ruth Matilda Anderson

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre e Paloma Vela, coordinadora adxunta da Área de Cultura de 'Afundación', Obra Social de Abanca, suscribiron este venres o convenio de colaboración que posibilita que o Centro Cultural do Porriño acolla, entre o 9 de maio e 2 de xuño, a exposición «Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia». Á sinatura asistiron tamén Lourdes Moure, concelleira de Educación de Porriño e mailo director de oficina de ABanca en Porriño, Jorge Luís García. 

Tres mozas fanse cos premios do concurso de fotografía 'Ponteareas e a saúde'

A concelleira de Ensino, Cristina Fernández, e o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, entregaron os premios do concurso de fotografía 'Ponteareas e a saúde', iniciativa enmarcada na IV edición da Semana das Ciencias. Cristina Fernández en nome de todo o Goberno quixo felicitar a Carmen Covelo Méndez, alumna do CEIP Feliciano Barrera de Guláns; a Itahisa Navarro Muñoz, alumna do IES Do Barral e a Marta Álvarez Álvarez, alumna do CEIP Feliciano Barrera de Guláns polos seu primeiro, segundo e terceiro premio, respectivamente.

Nigrán inaugura «Unha mirada de antano» co reto de identificar á protagonista das fotos

O Concello de Nigrán inaugurou hoxe no Auditorio Municipal a exposición «Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia», un proxecto que é posible grazas á colaboración entre o Concello de Nigrán, ABANCA e Afundación. Ao acto, que incluíu unha visita guiada, acudíu o alcalde, Juan González Pérez; o director Territorial de ABANCA, Walter Álvarez; e a coordinadora da Área de Cultura de Afundación, Marité Cores Fernández.

  • Publicado en Nigrán

A auga, protagonista dunha exposición fotográfica na Guarda

O martes día 11 de decembro a Sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda acolleu a inauguración da exposición «Auga, o sangue da terra», un proxecto de Manuel Valcárcel. O acto de inauguración contou coa presenza do alcalde da Guarda, Antonio Lomba; as concelleiras de Turismo e Cultura, Montserrat Magallanes e Elena Baz, respectivamente, así coma unha representación de Afundación e de Abanca, coorganizadores desta exposición e público asistente.

  • Publicado en A Guarda

A Guarda inaugura este martes a Exposición «Auga, o sangue da terra»

O vindeiro martes día 11 de decembro ás 20:00h a Sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda acolle a inauguración da Exposición «Auga, o sangue da terra», un proxecto de Manuel Valcárcel no que, como explica, "é un elemento vital ao que quixen render esta humilde homenaxe en comparación co que representa, parte de todo o que somos e todo o que crea. Elemento vital que debe ser motivo de unión e xamais de discordia".

  • Publicado en A Guarda
Suscribirse a este canal RSS