Tomiño e Cerveira piden facilitar o desprazamento de menores na zona da fronteira

As Valedoras Transfronteirizas Cerveira-Tomiño, órgano que tenta garantir a defensa dos dereitod e intereses dos residentes como cidadáns europeos transfronteirizos, veñen de presentar un informe que busca conseguir a eliminación das barreiras de mobilidade transfronteiriza da infancia e mocidade. Piden, entre outras cousas, "estudar medidas excepcionais que adapten os requisitos de autorización sobre mobilidade transfronteiriza de menores ás novas realidades sociais e administrativas de nivel local".

  • Publicado en Tomiño

Tomiño e Cerveira salientan o papel dun territorio común coma factor de atracción turística

Borrar a noción de fronteira entre Galiza e Portugal, ofrecendo o Territorio Río Miño coma un produto único, resultará estratéxico á hora de atraer turistas. Nesta idea base coincidiron tanto os alcaldes de Cerveira e Tomiño (Fernando Nogueira e Sandra González, respectivamente), coma o director da AECT Río Miño (Agrupación Europea de Cooperación Territorial do Río Miño), Uxío Benítez, durante a inauguración das xornadas “O turismo no contexto transfronteirizo Cerveira-Tomiño”, celebradas hoxe no Castelo de Vila Nova de Cerveira.

  • Publicado en Tomiño

Tomiño e Cerveira relatan con éxito a súa experiencia transfronteiriza

Os alcaldes de Vila Nova de Cerveira e Tomiño, Fernando Nogueira e Sandra González, respectivamente, foron os convidados do segundo día do IV Encontro Ibérico de Democracia e Orzamentos Participativos, celebrado na Coruña, entre 4 e 6 de xullo. O Orzamento Participativo Transfronteirizo Cerveira-Tomiño foi analizado como unha experiencia innovadora e de éxito.

  • Publicado en Tomiño

Cerveira-Tomiño: 14 anos de Ponte da Amizade e catro anos de cooperación transfronteiriza exemplar

Un 11 de xuño de 2004, a inauguración da Ponte da Amizade, que une Tomiño e Vila Nova de Cerveira, marcou un antes e un despois no desenvolvemento transfronteirizo. A apertura da ponte suprimía os problemas de mobilidade entre as dúas beiras do Miño e facían posible un territorio común. Dez anos despois, ámbolos dous concellos asinaban a «Carta da Amizade» que profundizaba nos lazos sociais, culturais e deportivos co obxectivo de axudar a construir un futuro mellor para as vindeiras xeracións.

  • Publicado en Tomiño

Catro artistas internacionais daranse cita no II Simposium de Escultura do Miño Tomiño-Cerveira

O Simposium Internacional de Escultura do Miño contará, na súa segunda edición, con catro escultores internacionais que darán forma ás súas obras en vivo, en contacto permanente coa xente que queira achegarse a coñecer o seu traballo. Este ano a cita será en Vila Nova de Cerveira, xunto ao Baluarte de Santa Cruz, entre os días 23 de setembro e 12 de outubro.

  • Publicado en Tomiño

O Parque Transfronteirizo Cerveira-Tomiño, presentado ao Goberno portugués

O alcalde de Vila Nova de Cerveira, Fernando Nogueira, deu a coñecer o proxecto do futuro Parque Transfronteirizo Castelinho-Fortaleza, entre Cerveira e Tomiño, á Secretaria de Estado do Ordenamento do Territorio e da Conservación da Natureza, Célia Ramos. O proxecto que foi presntado na reunión que tivo lugar esta pasada semana en Lisboa, foi moi ben acollido por parte do executivo luso.

Cerveira amosa a súa potencialidade ao embaixador do Xapón

Hiroshi Azuma, Embaixador do Xapón en Portugal, e Emi Ono, da Organización Oficial Comercio Externo do Xapón, estiveron esta fin de semana en Vila Nova de Cerveira, para coñecer e establecer contactos co sector empresarial e vertente cultural do concello. O alcalde, Fernando Nogueira, acompañou esta visita integrada no proxecto Inviste Alto Miño, dinamizado pola Comunidade Intermunicipal.

Tomiño e Cerveira dan un paso máis na súa integración

Os municipios fronteirizos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira, deron este mediodía un paso máis na súa integración cultural, deportiva e social, coa presentación unha axenda de oito actividades conxuntas que se desenvolverán ao longo deste ano cun orzamento de 100.000 euros, achegados a partes iguais polos dos concellos. O acto de presentación tivo lugar ás 12 do mediodía no Forum Cultural de Cerveira, presidido pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o presidente da Cámara de Vila Nova, Fernando Nogueira, e acompañados polas concelleiras de Cultura de ambas vilas, Cristina Martínez e Aurora Viaes.

  • Publicado en Tomiño
Suscribirse a este canal RSS