Deputación e Universidade de Vigo, un paso máis en igualdade coa cátedra 'Feminismo 4.0'

Cun brinde pola igualdade, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, en compañía de colectivos e asociacións de mulleres da provincia, relacionadas coa cultura e a igualdade, deron esta mañá no Pazo de Castrelos, en Vigo, o pistoletazo de saída á cátedra “Feminismos 4.0” da Universidade de Vigo.

'Oito olladas sobre a folga feminista do 8 de Marzo' enche Vilavella

O Pazo de Vilavella encheuse, no serán de hoxe, no acto de presentación do libro 'Oito olladas sobre a folga feminista do 8 de Marzo', unha asistencia masiva que era, ao mesmo tempo, unha clara resposta ao que se cualificou como "veto do alcalde Javier Bas" á que a Deputación puidera presentar este traballo literario nunha das salas baleiras do Multiúsos da Xunqueira. "Non hai posibilidade de poñer portas aos dereitos das persoas a ocupar o espazo público que non é patrimonio de ninguén. Iso fronte a quen cree cando goberna que é seu", aseguou a presidenta Carmela Silva.

A Caravana Feminista chega a Tomiño o vindeiro 12 de outubro

O Concello de Tomiño participa de forma activa na Caravana Feminista que chega ao municipio o vindeiro luns 12 de outubro e que forma parte da IV Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres. A Caravana arrancou o 8 de marzo dende Kurdistán e rematará o 17 de outubro en Portugal.

  • Publicado en Tomiño
Suscribirse a este canal RSS