Nigrán reúne a veteranos do Celta na presentación do documental 'El fútbol por dentro'

O Concello de Nigrán reuníu no serán do venres a xogadores veteranos do Real Club Celta vinculados á comarca como Jorge Otero, Javier Maté, Gustavo Loureiro, Luis Villar ou o mozo Kevin Vázquez (na plantilla do Celta actualmente) nunha xornada de futbol adicada especialmente a eles na presentación do documental 'El fútbol por dentro', elaborado polo mítico cancerbeiro Ramón Allegue 'El Tigre' Padrón.

  • Publicado en Nigrán

Nova edición da «Copa Deputación» masculina de fútbol con 119 equipos da provincia

A Copa Deputación 2019 xa está en marcha e este xoves e venres dase un novo paso antes de que o balón comece a rodar. Serán estes dous días nos que a institución provincial, organizadora do torneo, sorteará os cruces da primeira eliminatoria en categoría masculina. Nos bombos entrarán 65 equipos da zona de Pontevedra e 54 da zona de Vigo, o que supón un total de 119 equipos de Terceira División, Preferente, Primeira, Segunda e Terceira Autonómica, 6 equipos máis que na pasada edición.

O PP de Salceda converterá O Borralliño "nun gran complexo lúdico-deportivo"

O portavoz do PP en Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez Davila, deu a coñecer hoxe a intención de converter O Borralliño, nun "gran complexo lúdico deportivo" de cara a atender a demanda que, segundo concelleiro popular, ten Salceda en materia de instalacións deportivas. Rodríguez Davila comprometeuse cos veciños e veciñas a dotar de céspede artificial de última xeración o antedito campo da parroquia de Soutelo.

Nigrán inviste 16.000 euros en novos equipamentos deportivos

O Concello de Nigrán vén de investir 15.548 euros —a través das baixas do Plan Concellos 2016 da Deputación de Pontevedra— na adquisición de sendos marcadores electrónicos para os dous campos de fútbol municipais (Condomínguez e Vilariño) e dúas canastras de teito para o Pavillón Municipal de Panxón.

  • Publicado en Nigrán

Lazoiro celebra os 50 anos da S.D. Salvaterra cunha exposición

A Asociación Lazoiro segue amosando a súa capacidade de achegar á veciñanza, todo aquilo que teña que ver coa historia de Salvaterra de Miño de cara a manter, preservar e difundir o patrimonio histórico e cultural do municipio. Logo das exposicións «Memoria de Salvaterra», «A Nosa Memoria» e «Xentes da Raia», que tiveron lugar nas Covas de Dona Urraca, Lazoiro acomete agora unha exposición sobre a «Historia do Fútbol de Salvaterra» celebrando, así, os 50 anos da Sociedade Deportiva Salvaterra.

Ponteareas acolle o Curso de Adestrador Avanzado de Fútbol-UEFA A

O concello de Ponteareas e a Federación Galega de Fútbol presentaron o curso de adestrador de fútbol avanzado que capacitará a vinte mozos e mozas para adestrar en calquera país da UEFA e que xa se está impartindo nas instalacións do Centro de Desenvolvemento Local. Por vez primeira Ponteareas acolle este curso que permite ao alumnado, adestrar todas as categorías de fútbol en todos os países da UEFA sen ter que convalidar titulacións ou pasar novas probas.

Inicio das DEPORTE Escolas e estrea do novo céspede do Estadio Municipal da Sangriña

O martes día 9 de outubro de 2018 o Estadio Municipal da Sangriña acolleu o inicio das DEPORTE Escolas, na modalidade de Fútbol, promovidas dende a Deputación de Pontevedra. DEPORTE escolas é un programa da Deputación de Pontevedra, en colaboración coas federacións deportivas, totalmente gratuíto, que busca promover a actividade físico-deportiva entre as nenas e nenos en idade escolar a través da oferta de diferentes modalidades deportivas.

  • Publicado en A Guarda

Baiona renova as instalacións do Campo Municipal do Aral

Ao longo desta semana está previsto que o Concello de Baiona dea comezo ás obras de renovación integral do campo municipal do Aral, tranballos que inclúen a mellora do terreo de xogo, coa colocación dunha base elástica de cortiza natural cun espesor de doce centímetros, o que ofrecerá unha maior seguridade para os deportistas en caso de caídas.

  • Publicado en Baiona
Suscribirse a este canal RSS