A Deputación comeza o luns as obras de reforma integral da estrada Ponteareas-As Neves

O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra iniciará este luns as obras de reforma integral de case trece quilómetros da estrada provincial EP-4006 que une Ponteareas e As Neves. Tamén se iniciará a renovación e acondicionamento da EP-5106 Covelo-Barciademera no Concello de Covelo. Segundo explica o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, a actuación na estrada provincial EP-4006 ten un orzamento de 568.387 euros e foi adxudicada á empresa Covsa.

As estradas provinciais precisaron de medio milleiro de actuacións de emerxencia no 2018

As brigadas de conservación e mantemento da mobilidade na rede de estradas provinciais realizaron ao longo do ano 2018 un total de 478 actuacións de emerxencia, unha cifra máis baixa que a dos tres anteriores exercicios debido á redución das incidencias por causas meteorolóxicas. As borrascas, de menor intensidade, crearon menos complicacións e non foi preciso facer tantas saídas por asolagamentos, retirada de árbores, nevadas ou inundacións o que motivou, segundo confirmou o deputado responsable do departamento de Mobilidade, Uxío Benítez, que as actuacións por accidentes de tráfico volveran ser as máis numerosas.

Mondariz reclama á Xunta o arranxo das estradas de titularidade autonómica

O Concello de Mondariz vén de reclamar á Xunta de Galicia o arranxo de catro viarios de titularidade autonómica que atravesan o centro urbano de Mondariz e que son moi utilizados pola veciñanza, tanto a pe como en coche. Ditas vías teñen unha enorme importancia ao ser “estradas vertebradoras do centro urbano de Mondariz”, segundo sinala o informe elaborado por un enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos a petición do Executivo que preside Xoán Carlos Montes Bugarín.

  • Publicado en Mondariz

Tomiño inviste máis de 200.000 euros en melloras de estradas e beirarrúas

O Concello de Tomiño vén de emprender novas obras de arranxo e mellora de varias estradas e beirarrúas en distintas zonas do termo municipal. Nesta ocasión trátase da zona de Camiño Novo, entre a rotonda de A Pedra e o barrio de Pazos, na parroquia de Tomiño, onde con cargo ao Plan Concellos, da Deputación Provincial, está a recollerse augas pluviais e colocando tubaxes para cables soterrados de iluminación pública.

  • Publicado en Tomiño

As brigadas de mantemento das estradas provinciais atenderon 231 emerxencias no primeiro semestre

As brigadas de conservación das estradas provinciais dependentes do departamento de Mobilidade da Deputación atenderon na primeira metade do ano 231 emerxencias motivadas por accidentes, temporais, desprendementos e outras incidencias. Os avisos para estas actuacións, segundo explica o deputado Uxío Benítez, foron trasladados aos capataces das brigadas pola Unidade de Control e Vixilancia da Deputación, e xestionadas segundo o protocolo de actuación para cada intervención tanto no momento do aviso como cun seguimento posterior.

A Deputación propón un proxecto "moi digno e viable" na estrada Ponte do Val-Barciacemera

O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, asegurou hoxe que a Deputación provincial vén de plantexar un proxecto de mellora para a estrada provincial entre Ponte do Val e Barcia de Mera (EP-4306) en Mondariz que supera os 680.000 euros. O responsable nacionalista indicou que a proposta do seu departamento foi deseñada polos técnicos en función da tipoloxía da estrada, o número de vehículos que circulan por ela, e a poboación da zona, tendo como resultado un deseño “moi digno e viable” para mellorar a seguranza viaria e a mobilidade da veciñanza.

Mondariz pide á Deputación alternativas para o arranxo da PO-4306 (Ponte do Val-Barciademera)

O Concello de Mondariz vén de poñer en coñecemento da Deputación provincial as dificultades atopadas á hora de realizar os traballos de recollida de datos, previos á realización da mellora da estrada provincial PO-4306 de Ponte do Val a Barciademera polo que o executivo local. Entre as dificultades está a negativa de algúns veciños "non dispostos a asinar a cesión dos terreos afectados ao considerar que se deben formular outras opcións".

O Goberno investirá preto de 337 millóns na ampliación da A-52 Porriño-Vigo

A A-52, chegará ata Vigo pasando por un túnel baixo o Alto de Puxeiros e dando, polo tanto continuidade a esta autovía que unirá, de xeito ininterrompido, Benavente coa cidade de Vigo. A ampliación supón, tal e como se explicou onte por parte do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, “unha alternativa a A-55”.

Suscribirse a este canal RSS