EU Ponteareas suspende a súa participación no Consello Sectorial Social

Esquerda Unida de Ponteareas vén de anunciar a súa decisión de abandonar o Conosello Sectorial Social debido ao que EU cualifica "reiteradas mostras de desprezo do concelleiro de emerxencia social, Manuel Troncoso,cara a este órgano de participación". A formación que representa no Concello de Ponteareas o concelleiro Lino Costas, asegura que manterá esta decisión "ata que este espazo sirva ao obxectivo para o que se creou".

EU Ponteareas insta ao Goberno local a avanzar na amortización das prazas de taxi

EU de Ponteareas, logo de ter apoiado no pasado Pleno as modificacións orzamentarias propostas polo Goberno local, entre elas a creación dunha partida para a amortización de prazas de taxi no Concello, lembra ao Goberno local que eses 50.000 euros aprobados para ese fin, "serán totalmente inútiles se non se avanza no xeito de empregalos". Ponteareas ten, nestes momentos, 13 prazas de máis, feito que produce que o colectivo de taxistas do municipio teña uns baixos ingresos polo seu traballo.

EU Ponteareas "convidada a marcharse" dunha xuntanza sobre os Orzamentos Xerais do Estado

EU Ponteareas cualificou de "antidemocrático" o acontecido o pasado venres 18 de xaneiro, unha xuntanza no salón de plenos do concello entre os grupos da Corporación Municipal de Ponteareas e a Plataforma de afectados da N120 para tratar o asunto dos Orzamentos do Estado para 2019 onde o concelleiro de EU, Lino Costas, foi 'convidado' a marcharse ao "non compartir o posicionamento dos outros grupos da Corporación Municipal, PP, PSOE, ACiP, BNG e ARDT con respecto á variante de Ponteareas".

EU Ponteareas insiste na remunicipalización do servizo de abastecemento e saneamento

O Pleno da Corporación municipal de Ponteareas aprobou, na súa sesión do pasado 18 de decembro, a proposta de Esquerda Unida de iniciar o expediente de cara a determinar "a forma máis sostible e eficiente de xestionar os servizos de abastecemento da auga e saneamento e depuración de augas residuais". Segundo a lexislación vixente, este será o primeiro paso para chegar á remunicipalización do servizo de abastecemento e saneamento.

EU Ponteareas solicita un Pleno Extraordinario para aprobar a RPT

Logo de que na mañá do pasado venres 21 se chegara a un acordo entre representantes sindicais do Concello de Ponteareas, ESQUERDA UNIDA solicita a celebración dun pleno extraordinario para levar a aprobación canto antes tanto o Convenio de Laborais como o Acordo de Funcionarios e a Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello.

Esquerda Unida de Ponteareas esixe "seriedade" á hora de aprobar os orzamentos

O remate da RPT (Relación de Postos de Traballo) de Ponteareas, asemella ser a clave para que o Goberno local poida sacar adiante os Orzamentos 2018, dado que dita a probación queda en mans de Esquerda Unida que, como sinala a formación que representa Lino Costas no Concello, "esta organización sempre vinculou o apoio definitivo dos orzamentos ao remate da RPT, algo que aínda está en proceso".

EU asegura o PP "denota certo cinismo" ao acusalos de apoiar privatizacións de servizos

As manifestacións realizadas polo Partido Popular contra Esquerda Unida, asegurando que esta formación apoiaba as privatizacións de servizos municipais, foron desmentidas hoxe pola formación que representa Lino Costas no Concello que, además de considerar que son "un intento de manipulación" asegura que "denotan certo cinismo ao ser este partido o principal promotor das privatizacións en todo o Estado".

EU condiciona o seu apoio aos orzamentos municipais

Esquerda Unida de Ponteareas, que condiciona o seu apoio aos orzamentos municipais ─imprescindible por outra banda para que o executivo ponteareán poida sacar adiante as contas do 2018─ ao cumprimento dunha serie de compromisos vinculados tanto a aspectos sociais, coma a temas relativos ao persoal municipal, como son a RPT e o Acordo de Funcionarios. EU considera positiva a decisión da Xunta de Goberno de aprazar os Orzamentos de 2018 a un vindeiro Pleno para modificar o documento na liña que solicitou a formación que representa Lino Costas.

Suscribirse a este canal RSS