O 'Enterro do Kiko' no torreiro de Parada pecha o Entroido de Nigrán

O Concello de Nigrán pecha este sábado 16 de marzo co 'Enterro do Kiko de Parada' a programación do Entroido deste ano. O kiko, que permanece exposto na entrada do Auditorio Municipal , será trasladado ás 18:30 horas por un carro de bois e unha amplo cortexo fúnebre ata a parroquia de Parada, onde se celebrará o velorio e a posterior queima no recén renovado torreiro.

  • Publicado en Nigrán

Éxito do Desfile-Concurso de Entroido da Guarda

O Concello da Guarda acolleu na tarde do pasado sábado día 8 de marzo de 2019 o Desfile-Concurso de Entroido, despois de terse aprazado pola situación meteorolóxica desfavorable. Sobre as 17:30 h, e tal e como estaba previsto, empezou o Desfile-Concurso de Entroido con saída dende a esquina famosa, facendo o seu percorrido pola Rúa Puerto Rico e Rúa Galicia, para chegar finalmente á Alameda da Guarda.

Tui apraza ao 17 de marzo o Desfile de Comparsas

A choiva e o vento do pasado martes obrigaban, ao Concello de Tui, a suspender o Desfile-Concurso de Entroido. Ante a incertidume da situación meteorolóxica para esta fin de semana, a organización decidiu trasladar o este Desfile-Concurso ao domingo 17 de marzo e, para manter unha secuencia lóxica dos eventos, o domingo 24 de marzo terá lugar a despedida do Entroido co tradicional Enterro do Bacallau.

  • Publicado en Tui

Os Centros de Día e residencias do Val Miñor celebran o Entroido

Preto dun cento de usuarios dos centros de día e residencias do Val Miñor festexaron esta mañá o seu propio entroido no Auditorio Municipal de Nigrán, como ven sendo habitual ano a ano. Cada centro conformou cadansúa comparsa e interpretou unha canción ou parodia nunha xornada presentada por usuarios do Centro Juan María de Parada.

  • Publicado en Nigrán

Ribadetea quere recuperar as súas «Perriñas» tradicionais do Entroido

De seguro, grande parte das persoas maiores de trinta anos desta parroquia e das dos redores, recorda de neno saír as “perriñas” no entroido, pero o certo é que dende fai muitos anos, as “perriñas” desapareceron das rúas e camiños de Ribadetea. Jhonathan Zúñiga e Alex Álvarez, coa colaboración da AA.VV San Xurxo de Ribadetea, decidiron este ano facer unha pequena saída no domingo de entroido vestidos coa tradicional roupa vella de perriña e percorrer parte da aldea.

Arbo traslada ao domingo 10 de marzo o Desfile de Comparsas

O domingo 10 de marzo terá lugar en Arbo o Desfile de Comparsas de Entroido que foi suspendido o pasado domingo 3 de marzo polas malas condicións meteorolóxicas na provincia de Pontevedra. Este tradicional evento reúne todos os anos a comparsas do Concello de Arbo, de concellos veciños da comarca Condado e A Paradanta e do país veciño Portugal.

  • Publicado en Arbo

Redondela adía as actividades do Entroido ao domingo pola malas previsións meteorolóxicas

O Concello de Redondela vén de decidir que as actividades previstas para a tarde deste martes, 5 de marzo, trasládense ao vindeiro domingo día 10 de marzo por mor das malas previsións meteorolóxicas. Ás 11:30 horas terá lugar o desfile das 23 comparsas, onde está previsto que participen arredor de 1.300 persoas e xa pola tarde, desenvolveranse todas as actividades que estaban previstas para hoxe, manténdose o mesmo horario.

Suscribirse a este canal RSS