O alumnado de Ponteareas estuda o percorrido do seu futuro camiño escolar

Acompañados dos técnicos da coooperativa de arquitectos e arquitectas, da Policía Local, protección civil e da concelleira de Ensino en funcións, Cristina Fernández, ademais de outros membros do goberno en funcións, o alumnado do CEIP Mestre Ramiro Sabell saíu onte de andaina para estudar sobre o terreo o percorrido do camiño escolar seguro polo que ir á escola a pé ou en bicicleta gozando do contorna en compaña ou en solitario.

A Anpa do CIP de Mondariz, farta da baixa calidade da comida do comedor

Non é a primeira vez que a Anpa 'Río Tea' do CIP de Mondariz, chama a atención sobre a baixa calidade da comida "que a Xunta de Galicia envía ao comedor escolar". Por desgraza, como acontece a meirande parte das veces, a administración fai ouvidos xordos a unha demandas máis que xustas e máis que xustificadas. Así que hoxe, a Anpa deciciu organizar unha especie de "ata aquí chegamos" e decidiron non enviar aos alumnos e alumnas ao comedor.

Tres colexios tomiñeses participan na 'Bienal dos Pequeninos' de Vila Nova de Cerveira

Tres centros de Primaria e Infantil de Tomiño acoden á novena edición de Educarte 2019, mostra de arte infantil e xuvenil incluída este ano na senda da Eurocidade Tomiño-Cerveira. Os colexios de Sobrada, Goián e Tomiño (Pedro Caselles) asisten cos seus traballos, á exposición coñecida na zona coma a 'Bienal dos Pequeninos', e inaugurada esta mañá coa presenza de autoridades de ambos os municipios fronteirizos.

  • Publicado en Tomiño

Ponteareas abre a inscrición para o 'Campus Tea 2019'

A concellería de Ensino que dirixe Cristina Fernández vén de dar conta da apertura do prazo de preinscrición do Campus Tea 2019. Este campus, que manterá aberta dita preinscrición ata o xoves 6 de xuño, é unha alternativa que ofrece actividades lúdico didácticas para facilitar a conciliación familiar na tempada de verán. O campus destinado a rapaces e rapazas de 3 a 12 anos terá un horario de mañá de 09:00 horas a 14:00 horas no CEIP Nosa Sra. Dos Remedios.

A Xunta 'riza o rizo' no problema da Escola de San Mateo

"Pouco serio e incomprensíbel" foron os cualificativos utilizados pola concelleira de Ensino do Concello de Ponteareas, Cristina Fernández, para definir a postura da Xunta de Galicia que, unha vez máis "cambia os seus criterios para xustificar o peche da Unitaria de San Mateo de Oliveira" un peche ao que o concello ponteareán "opónse frontalmente". O pasado ano, a Xunta pechou o centro porque non se chegaba ao mínimo de 6 matrículas. Para o curso que ven, con 8 matrículas xa confirmadas, a administración cambia o seu criterio e mantén a decisión de peche.

Nigrán ofrece un programa de educación ambiental en todos os centros públicos de ensino

O Concello de Nigrán ofrece novamente este curso o programa de educación ambiental 'Aula Verde' en tódolos centros públicos de Infantil e Primaria do municipio e o de Educación Especial Juan María cun investimento total de 4.800 €. Este trata diversos temas relacionados coa sensibilización medioambiental ben de xeito transversal nas diferentes áreas deseñadas para o programa formativo e, en concreto, nos obradoiros que se levan a cabo nos diferentes colexios ata fin de curso.

  • Publicado en Nigrán

Atrapa os teus soños

Moitos deixan atrás os seus soños a metade do camiño sen chegar nunca a coñecer a felicidade que dá conseguilo, atrapar o teu soño e pensar: o conseguín. 

Pero ese non é o caso do equipo IBERCONSA AMFIV, un grupo de homes e mulleres baloncestistas que xogan en cadeira de rodas. Estes homes e mulleres loitaron moi duro por acadar o seu soño e aínda que fose un chisco máis difícil para eles non se rendiron e iso tivo recompensas, algunhas tan grandes como gañar unha Euroliga.

Alumnos da Sangriña participan no 'Proxecto conecta+: un enfoque positivo hacia as novas tecnoloxías'

Ao longo desta semana o alumnado de terceiro da ESO do IES A Sangriña da Guarda participou en varias charlas enmarcadas no 'Proxecto conecta+', un programa impulsado dende a Concellería de Xuventude do Concello da Guarda. Nesta actividade o alumnado traballou cos recursos e ferramentas que ofrece internet e as pantallas dixitais, coñecendo todo que aportan aos adolescentes e tamén concienciando da súa importancia para eles e elas pero, tendo en conta a prevención das condutas de risco e o emprego inadecuado das tecnoloxías.

Suscribirse a este canal RSS