O Corpo de Bombeiros proba os novos traxes acuáticos

O Corpo Municipal de Bombeiros de Ponteareas conta con 4 novos traxes especiais para levar a cabo rescates acuáticos. O material desta vestimenta permite que os membros deste servizo municipal poidan efectuar desprazamentos a nado aplicando un menor esforzo, pois grazas á súa utilización flotan na auga ao mesmo tempo que garante unha absoluta impermeabilidade e posibilita tamén que os propios operarios usen esta vestimenta sen necesidade de desprenderse do seu uniforme habitual para entrar na auga.

O PSOE asegura que “Redondela carece de medios para afrontar situacións de emerxencia”

O desaloxo de preto de 150 escolares do colexio de Quintela por culpa da mala combustión dunha caldeira, acontecida na mañá de hoxe, deixou en evidencia segundo a concelleira socialista redondelán e deputada provincial, Digna Rivas, que “Redondela carece de medios para facer fronte a unha situación de emerxencia, tal e como vén denunciando o PSdeG-PSOE de Redondela dende hai meses".

Os nenos do Campus- Tea visitaron o Parque de Bombeiros de Ponteareas

Esta semana 50 nenos participantes no Campus-Tea visitaron o Parque de Bombeiros, onde ademais de coñecer as instalacións e os vehículos, puideron subirse aos camións e á zódiac acompañados polos bombeiros. Ademais, sentíronse uns aprendices de bombeiros ao deixarlles probar os cascos e máscaras e accionar a sirena.

Arturo González acusa ao PSOE de "utilizar a mentira para xerar medo na cidadanía"

O Concelleiro de Interior do Concello de Redondela, Arturo González, negou rotundamente que o Grumir de Redondela tivera que esperar máis de 20 minutos polos efectivos contra incendios da Xunta, tal e como aseguraba o PSdeG-Redondela. Para o concelleiro redondelán, ditas afirmacións só teñen o obxectivo "de xerar medo na cidadanía utilizando a mentira"

O PSOE redondelán asegura que o incendio do “Monte de Machaquito” dalles a razón

O PSdeG-PSOE de Redondela asegurou hoxe que as súas denuncias sobre a falta de persoal no equipo de emerxencias vironse confirmada co incendio do Monte de Machaquito. Ante este sinistro só se atopaba unha persoa de garda, xa que o equipo de emerxencias conta con 3 persoas que son “a todas luces insuficientes para cubrir o municipio de Redondela” aseguran os socialistas.

Cursiño de Primeiros Auxilios para O Condado

A Cruz Vermella Española celebrará un Curso de Primeiros Auxilios Básicos nas instalacións do Centro de Desenvolvemento Local do Concello de Ponteareas durante os días 16, 30 de Maio e 6 de Xuño de 2015.

Suscribirse a este canal RSS