Carme Núñez: "Queremos que Tui marque a diferenza cun modelo alternativo de cidade"

“No BNG queremos que Tui marque a diferenza cun modelo alternativo de cidade que lle dea prestixio ao concello”. Así o manifestou no serán de onte a candidata do BNG á Alcaldía de Tui, Carme Núñez, no acto de presentación dos compoñentes da lista ás eleccións municipais, asegurando que o proxecto nacionalista para a vila pretende acadar “un concello para vivir, dinámico, consciente do seu potencial e orgulloso da súa identidade e situación privilexiada”.

  • Publicado en Tui

Exposición pública das listas do Censo Electoral na Guarda

O Concello da Guarda informa que entre os días 11 e 18 de marzo, ambos inclusive, poderán consultarse na oficina do Padrón Municipal as listas do Censo Electoral que se utilizaran nas Eleccións Xerais do vindeiro 28 de abril. O horario de consulta será entre as 9.00 horas e as 14.00 horas, de luns a venres e a consulta deberá facerse de xeito individual, previa identificación da persoa (mediante D.N.I., pasaporte ou permiso de conducir).

O BNG celebra o acto principal de campaña en Ponteareas, con Bará e Pontón

O candidato do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, e a candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, estiveron onte en Ponteareas, onde se celebrou un acto político do BNG. Na Praza Maior, actualmente foco de controversia pola regulación do tráfico aplicada polo goberno local, o candidato pola provincia de Pontevedra fixo unha encendida defensa do comercio local e da importancia de crear espazos de desfrute para os veciños e veciñas mediante medidas de peonalización.

A ponteareá Alexandra Martínez, candidata ao Parlamento de Galicia

Alexandra Martínez, veciña da ponteareá parroquia de Cumiar, concorrerá ás eleccións ao Parlamento de Galicia pola provincia de Pontevedra. A moza de 25 anos de idade, é graduada en Psicoloxía e con dous másters no seu haber un de Psicoloxía no traballo e outro en Xestión de Recursos Humanos nas organizacións. Actualmente forma parte dun equipo de investigación na Universidade de Santiago de Compostela.

Luis Bará: "O BNG vai ser imprescindíbel para construír unha Galiza Nova"

Luís Bará, candidato número 1 polo BNG na provincia e concelleiro de mobilidade no goberno municipal da cidade de Pontevedra, asegurou en Redondela que o BNG "vai ser imprescindíbel para construír unha Galiza nova" e pediu o voto para a formación nacionalista “porque se trata do voto que realmente lle fai dano ao PP, posto que vai servir para desbancalos do poder, e porque presentamos un verdadeiro Proxecto de País”.

Luís Bará avoga nas Neves pola elaboración dunha Lei do Viño de Galicia

O candidato do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, avogou hoxe nas Neves pola elaboración "dunha Lei do Viño en Galiza que considere as potencialidades da vitivinicultura galega". Segundo asegurou o candidato nacionalista, "é fundamental que o Goberno galego apoie os investimentos nos procesos de industrialización, especialmente nas pequenas adegas, financie medidas de reconversión e reestruturación da viña e impulse medidas específicas dentro do Banco de Terras para fomentar o arrendamento a longo prazo de superficies de cultivo de vide".

  • Publicado en As Neves
Suscribirse a este canal RSS