O PSOE acusa ao PP ponteareán de apropiarse do proxecto EDUSI logrado polo goberno

O Partido Socialista de Ponteareas vén de cualificar de "irresponsable" a portavoz e candidata do PP por non ter en conta "que pode por e risco a futura licitación e adxudicación de compra dun futuro posible inmoble para uso público". Asimesmo, os socialistas de Ponteareas denuncian que o Partido Popular está prometendo en campaña "cometer ilegalidades urbanísticas que foron desastrosas no pasado".

Facenda aproba o manual para contratar as operacións de «Ponteareas, Hábitat Saudable»

O Ministerio de Facenda ven de aprobar o manual de procedimentos de operacións da estratexia «Ponteareas, Hábitat Saudable», segundo informou o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, que asegurou que este "é un paso fundamental para poder desenvolver os proxectos das distintas liñas de actuación financiadas con 5 millóns de euros con cargo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional".

Ponteareas presenta á veciñanza o seu modelo de futuro

Asociacións e colectivos de todo o Concello asistiron onte á presentación da estratexia «Ponteareas, Hábitat Saudable» un documento de planificación urbana que organizará o crecemento da vila e que foi presentado polo alcalde ponteareán, Xosé Represas, ao que acompañaban o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; o arquitecto responsable do proxecto, Luciano González Alfaya; e dos tenentes de alcalde Chus Garrote e Manuel Troncoso.

Ponteareas participará en Madrid nas xornadas sobre a xestión dos fondos da EDUSI

Os vindeiros 3 e 4 de novembro terán lugar unhas xornadas da rede de iniciativas urbáns (RIU) en Madrid, na sede do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. Nelas trataranse as conclusións da primeira convocatoria de selección de Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible, EDUSI, na que Ponteareas, xunto a outros 82 municipios de todo o Estado, logrou 5 millóns de euros dos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

O BNG asegura que o PP "búrlase dos veciños" ao atribuírse a EDUSI

O BNG de Ponteareas vén de valorar como unha boa noticia a concesión da axuda para desenvolver a Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible (EDUSI), denominada “Ponteareas, hábitat saudable”. Así o manifestou a través da súa Portavoz no Concello, Hortensia Bautista, quen indicou que “o Partido Popular búrlase das veciñas e veciños atribuíndose agora os méritos da concesión desta axuda, cando nin sequera votou a favor de que se solicitase no pleno do 11 de xaneiro”.

Suscribirse a este canal RSS