Rivas asegura que o goberno redondelá fai “oídos xordos” á precariedade dos Servizos Sociais

“Dende o 2016 levamos reclamando, dende o grupo municipal do PSdeG-Redondela, a necesidade de que os Servizos Sociais municipais conten cunhas instalacións axeitadas, accesibles e nas que a privacidade dos usuarios e usuarias estea garantida”, afirmou hoxe Digna Rivas ao chamar a atención sobre a “precaria situación deste departamento municipal” situado nunhas instalacións que “non cumpren ningunha desas condicións”.

Digna Rivas: “Hoxe comezamos a construír unha Redondela igualitaria, equitativa e xusta”

“Hoxe comezamos a construír unha Redondela igualitaria, equitativa e xusta”, asegurou Digna Rivas na súa presentación como candidata á alcaldía de Redondela no acto celebrado este venres no Pazo de Vilavella. Rivas, nun salón de actos ateigado de público, daba as grazas a todos e todas pola súa presenza cunha mención especial para a presidenta da Deputación de Pontevedra, Camela Silva “que é o meu referente en política e quen me apoiou neste importante paso de liderar un proxecto de futuro para Redondela”.

Nacho González súmase á candidatura de Digna Rivas

Nacho González, profesional do sector do automóbil de 45 anos e veciño de Chapela, vén de sumarse, como número 4, á candidatura do PSdeG-PSOE de Redondela para as vindeiras municipais do mes de maio que encabeza Digna Rivas. Ben coñecido e querido polos seus conveciños e conveciñas, Nacho González xestiona, dende hai máis de 30 anos, un taller familiar do automóbil na súa parroquia natal.

Digna Rivas reúnese coa Policía Nacional de Redondela para analizar a Seguridade no municipio

A candidata a alcaldía de Redondela polo PSdeG-PSOE, Digna Rivas, mantivo unha reunión cos axentes da Policía Nacional que prestan o seu servizo en Redondela de cara a coñecer a situación na que quedaría a seguridade do municipio, tralo anuncio de que o actual grupo de radiopatrullas de Redondela pasará a formar parte da Brigada de Seguridade Cidadá de Vigo.

'Galaicos' desembarca no Museo da Prehistoria de Valencia

A Deputación de Pontevedra abriu onte a exposición 'Galaicos. Un pobo entre dous mundos' no Museo da Prehistoria de Valencia, no Centre Cultural da Beneficencia da capital levantina, a mostra na que se pon en valor, de forma didáctica e explicativa, a importancia e sofisticación da cultura galaica e o seu territorio como un dos puntos estratéxicos da prehistoria e historia antiga.

Digna Rivas, “Redondela non pode dar a espalda ao mar nin ás mariscadoras”

A Lonxa de Cesantes foi o escenario elixido pola candidata do PSdeG-Redondela á alcaldía, Digna Rivas, para manter un encontro co colectivo de mariscadoras, xuntanza que forma parte das reunións que a candidata socialista mantén con distintos colectivos e asociacións de Redondela. No seu encontro coas profesionais do marisqueo, Rivas salientou "o papel da muller e a súa contribución á economía do mar", poñendo en valor o traballo que desenvolven.

‘A palabra negada’ enche de público a Casa da Cultura de Redondela

Unha Casa da Cultura de Redondela ateigada de público acolleu, ás 20 horas do xoves 14 de marzo, o acto que, baixo o título ‘A palabra negada’, buscaba poñer en valor o papel da muller no mundo da cultura e, mais concretamente, na historia da literatura. A charla, que foi presentada pola candidata á alcaldía de Redondela polo PSdeG-PSOE, Digna Rivas, participaron a escritora Isabel Blanco e a gañadora do primeiro de poesía nos ‘Premios Provinciais á Xuventude’, Carolina Sertal Souto.

Digna Rivas estará acompañada por "mulleres comprometidas coa transformación de Redondela"

“Mulleres vinculadas ao mundo asociativo e absolutamente comprometidas e convencidas da necesidade dun cambio que faga de Redondela un municipio socialmente máis xusto, solidario e igualitario”, así definiu a candidata socialista, Digna Rivas, ás catro mulleres que a acompañarán na candidatura nos dez primeiros postos da lista do PSdeG-Redondela cara as vindeiras municipais do mes de maio.

Suscribirse a este canal RSS