José Manuel Rey García, novo director do Museo de Pontevedra

“O Museo ten sorte, a Deputación ten sorte, e todos temos sorte porque resultou elixida unha persoa que coñece este Museo, ten experiencia e está no seu mellor momento profesional” aseguraba este sábado o vicepresidente da Deputación na presentación pública de José Manuel Rey García como novo director do Museo de Pontevedra. César Mosquera aproveitou para lembrar que cando se convocou a praza “xa anunciabamos que iamos a por todas, que buscabamos un perfil elevadísimo, con experiencia e capacidade, e con José Manuel Rey xuntámolo todo”.

'Desafío Domingo Fontán' gañador do 'I Hackathon DESTInno' das 'II Xornadas TurisTIC' da Deputación

As II Xornadas TurisTIC da Deputación de Pontevedra chegaron ao seu fin no Verbum de Vigo coa entrega dos premios do 'Hackathon DESTInno', iniciativa impulsada para galardoar as mellores solucións tecnolóxicas encamiñadas a fortalecer a eficiencia dos destinos turísticos. Deste xeito, o proxecto 'Desafío Domingo Fontán' acadou o primeiro premio, seguido de 'Niiru' na segunda posición e 'Rondar' na terceira.

'María Vinyals. Un talento rebelde' chega aos institutos de Mos e Baiona

Coa presenza da deputada de Igualdade, Isaura Abelairas, a Deputación de Pontevedra presentou este martes o libro 'María Vinyals. Un talento rebelde' no IES de Mos, diante de 136 alumnos e alumnas de 2º da ESO. Mañá mércores, 10 de abril, ás 13:00 horas, será a quenda do IES Primeiro de Marzo de Baiona, no que o libro será presentado ante 54 rapaces e rapazas de 1º da ESO. O obxectivo destes dous actos é dar a coñecer a historia de María Vinyals e levar o seu legado a prol da igualdade aos centros educativos da provincia.

A Deputación inviste preto de 95.000 euros en tres novas actuacións en Ponteareas

A Deputación de Pontevedra aprobou, mediante resolucións presidenciais, tres novos investimentos para o concello de Ponteareas ao abeiro da Liña 1 do Plan Concellos 2019 por un total de 94.293,49 euros. Máis polo miúdo, destinaranse 24.300,83 euros ao acondicionamento da área recreativa A Freixa; outros 26.086,20 euros para financiar a instalación de alumeado nas pistas de tenis na área recreativa da Freixa; e, por último, 43.906,46 euros para a ampliación da rede de abastecemento na parroquia de Moreira.

'O Mar das Mulleres', proxecto para a visibilización das mulleres do mar

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto á profesora universitaria, María Álvarez Lires, deu a coñecer hoxe a novidosa iniciativa 'O mar das mulleres' froito da colaboración entre a institución provincial e a Universidade de Vigo e no marco do proxecto 'Mar en Feminino', que lidera a Facultade de Ciencias da Educación do Campus de Pontevedra. Silva destacou que se trata dun paso máis, o terceiro, trala creación da web marenfeminino.campusdomar.gal e a posta en marcha da exposición itinerante 'Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar'.

'Degusta Europa' chega á Praza de Abastos da Guarda o 11 de abril

O programa Degusta Europa, con degustacións culinarias en distintos mercados da provincia, vinculado á campaña 'Fame de Experiencias' da Deputación de Pontevedra, estará na Praza de Abastos da Gaurda o xoves, 11 de abril, en horario de 11 h a 12 h. A iniciativa que que potencia a enogastronomía; pretende, dinamizar os mercados municipais dándolles un toque de innovación e vangarda. O alumnado do CIFP Manuel Antonio, traballará con produtos das nosas rías e da nosa terra para elaborar unha serie de tapas inspiradas na temática europea.

Montserrat Boix, Desirée Vila e África González pechan as xornadas 'Muller e Poder'

A presidenta da Deputación, Camela Silva, clausurou esta tarde “Muller e Poder”, a xornada anual da Escola María Vinyals no Castelo de Soutomaior, sinalando que “nestes 4 anos confirmamos esta escola como un espazo de encontro para a cidadanía polo que fago un recoñecemento a todas e a todos que a fixeron posible“. A presidenta provincial definiu a Escola como un lugar “para reflectir, para formarnos e para que entendamos que o feminismo é a filosofía máis potente nunca creada, baseada nun mundo de igualdade onde todos e todas tiñamos o que nos corresponde.

Suscribirse a este canal RSS