Arranca a cuarta edición de DepoRúArte, a aposta da Deputación pola arte urbana

A iniciativa, anual e programada, da Deputación de Pontevedra dirixida á mocidade da provincia 'DepoRúArte' chega á súa cuarta edición centrada nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Deste xeito, no CPI Toural de Vilaboa, IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez da Estrada, IES Chapela en Redondela, IES Monte da Vila no Grove e IES Indalecio Pérez Tizón en Tui, vanse desenvolver sesións teóricas e prácticas nas que se propón á mocidade unha actividade artística e lúdica para potenciar movementos de participación e cooperación social ao redor dos ODS.

Digna Rivas asiste á presentación do mural do IES Auga da Laxe de Gondomar

A deputada de Xuventude e Cohesión Social, Digna Rivas, acompañada polo alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, asistiu na mañá de hoxe a presentación do mural «Homenaxe ao Guernica» realizado polo alumnado de segundo de bacharelato do IES Auga da Laxe e realizado ao abeiro do DepoRúARTE. Pintando alternativas da Deputación de Pontevedra. Un total de 14 alumnos e alunmas elixiron unha parede na que había unha mostra dun “Guernica” de autor descoñecido, polo que a razón de escoller esta temática foi darlle continuidade á obra preexistente.

  • Publicado en Gondomar

Novo mural do «DepoRúARTE» no IES «Auga da Laxe» de Gondomar

A deputada de Xuventude e Cohesión Social, Digna Rivas, acudirá mañá martes ás 10:30 horas ao IES Auga da Laxe de Gondomar onde o alumnado participante presentará un novo mural elaborado no marco do proxecto «DepoRúARTE. Pintando alternativas» da Deputación de Pontevedra. O tema elixido polos e polas estudantes para o mural, realizado en colaboración coa artista Noemí Núñez, foi unha «homenaxe ao Guernica».

  • Publicado en Gondomar

DepoRuarte 2017 comeza a súa andaina na Praza do Concello de Nigrán

A deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, e ao alcalde de Nigrán e deputado provincial, Juan González, asistiron na tarde de onte á primeira xornada do programa 'DepoRuarte 2017' que está a espallar a cultura urbana entre a mocidade da provincia maior de 12 anos. A Praza do Concello acolleu a mozas e mozos que participaron activamente neste programa impulsado polo servizo de Cohesión Social e Xuventude da institución provincial.

  • Publicado en Nigrán

Mondariz clausura o curso 'CociñARTE, cociña en verde' do programa DepoRúARTE

A deputada de Cohesión Social da Deputación de Pontevedra, Digna Rivas, e o alcalde de Mondariz, Xoán Carlos Montes Bugarín, clausuraron o curso de cociña 'CociñARTE, cociña en verde', nun acto no que as e os participantes recibiron o seu diploma acreditativo de participación nesta actividade actividade incluída dentro do programa global DepoRúARTE, posto en marcha pola Deputación de Pontevedra.

  • Publicado en Mondariz

Digna Rivas anima á mocidade a participar nas actividades de DepoRuArte nos seus concellos

A deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, anima aos xóvenes a anotarse e participar nos distintos cursos do programa DepoRuARTE que comezan ao logo deste mes en distintos concellos da provincia. En concreto, o período para anotarse para os cursos das próximas semanas remata nos vindeiros días nos concellos de As Neves, Arbo, Mos, Ribadumia, Cangas, Moaña, Valga, Redondela, A Golada, Marín, Meis, Portas, Moraña e Cuntis.

Suscribirse a este canal RSS