O 20 de xuño comeza o X Open Vila do Corpus de Tenis

As pistas da Freixa de Ponteareas acollerán, entre o 20 de xuño e o 30 do mesmo mes, os partidos correspondentes ao X Open Vila do Corpus de Tenis que foi presentado na vila do Tea o pasado día 10. Os encontros disputaránse en base á división realizada en tres bloques diferenciados entre si: Vila do Corpus Promesas, Vila do Corpus Feminino e Vila do Corpus Masculino.

Iria Campos e David Castro gañan a proba que estrea o 'Depo Desafío 2019'

Iria Campos e David Castro convertéronse nos primeiros gañadores dunha proba do “Depo Desafío 2019” despois de cruzar a meta en primeiro lugar na etapa BTT que acolleu este domingo 9 de xuño o concello das Neves. En categoría feminina foi Iria Campos Trabazo a primeira clasificada, cun tempo 1 h 50 m. En segundo lugar chegou Andrea Simón Orsolya (terceira na clasificación xeral de 2018) e en terceiro, Cristina Fernández López.

Máis de 200 participantes tomarán a saída no 'VI Triatlón Concello do Porriño'

As estimacións da organización apuntan que a sexta edición do Triatlón Concello de Porriño que se celebrará o vindeiro 8 de xuño, superará os 200 participantes, á vista de que hoxe en día hai máis de 150 inscripcións feitas. A inscripción estará aberta ata o 4 de xuño, é dicir, ata catro días antes da proba. Este mediodía realizouse a presentación que estivo presidida pola alcaldesa Eva García, en representación do Concello de Porriño.

222 xadrecistas citáronse no VI torneo escolar Ramiro Sabell

O concello de Ponteareas felicita ao Club Xadrez Ramiro Sabell polo éxito do VI torneo escolar Ramiro Sabell pola xornada deportiva convocada o 17 de maio na que participaron 222 xogadores de 25 clubes galegos.
En colaboración co concello, co IES Val do Tea, o CEIP Mestre Ramiro Sabell e a Federación Galega de Xadrez, o club ponteareán agradece a todos os e as participantes a súa deportividade e felicita aos e ás gañadoras.

XVIII Semana Verde

Os próximos días 26, 27 e 28 de xuño, o Concello de Baiona, a través da Concellería de Deportes, en colaboración con ANPAS centros públicos escolares de Baiona, Protección Civil Val Miñor e a Concellería de Medio Ambiente organizan un novo programa da “Semana Verde”, acampada escolar que este ano 2019 establécese nas instalacións do Cámping Bayona Praia. A acampada, nace coa intención de desenvolver e fomentar as actividades na natureza, tanto desde a práctica deportiva como desde a formación integral e educativa dos escolares.

  • Publicado en Baiona

Preto dun milleiro de participantes nas probas 'Xarotos' e 'Challenge Rías Baixas' do Porriño

A vila do Porriño converterase na capital do ciclismo pontevedrés durante as vindeiras semanas ao reunir a preto dun milleiro de participantes nas probas que organiza o club ciclista Master da Louriña. Unha de elas, a Xarotos Gran Fondo co patrocinio do Concello de Porriño e Deputación Provincial, defínese como “proba ciclodeportiva” que se disputará o domingo 12 de maio.

O Concello inviste 14.800 € nun colchón de chan para as ximnastas do Acroclub Nigrán

O Concello de Nigrán ven de instalar no ximnasio do CEIP Humberto Juanes un colchón de chan Flexiroll SPIETH de 14 x 14 metros por un importe total de 14.768,66 €. Esta aparello, enrolable e homologado para alta competición, é un dos mellores que se poden atopar no mercado e resulta fundamental para que o Acroclub Nigrán desenvolva a súa actividade deportiva. Ademais, poderá ser empregado polos alumnos do centro escolar para a súa educación física e servirá para que a Policía Local de Nigrán realice prácticas.

  • Publicado en Nigrán
Suscribirse a este canal RSS