Maioría de mulleres na representación socialista na nova Deputación de Pontevedra

As e os socialistas da provincia de Pontevedra elixiron este mércores por unanimidade aos 12 deputados que acompañarán a Carmela Silva na Deputación de Pontevedra durante o próximo mandato. Trátase dunha lista caracterizada pola renovación, onde só tres deputadas e deputados, ademais da actual presidenta, repiten no cargo, todas e todos eles polo partido xudicial de Vigo e concelleiras e concelleiros da cidade olívica: Carlos López Font, Isaura Abelairas e Santos Héctor Rodríguez.

"Digna Rivas é a garantía da presenza da Zona Franca en Redondela"

Diferentes integrantes da Asociación de Empresarios de Redondela mantiveron este xoves un encontro con David Regades, secretario xeral provincial, e Digna Rivas, candidata socialista á alcaldía de Redondela. “A Zona Franca é unha ferramenta para o desenvolvemento económico e temos que poñela a traballar ao servizo de Redondela”, sinalou Rivas, que lembrou que ata a chegada de Regades ao cargo de delegado do Goberno no ente desde hai 11 meses tras o nomeamento por parte de Pedro Sánchez, o ente era un gran descoñecido para a maioría da poboación, sectores produtivos incluídos.

Regades comprométese con Tourón a que a Zona Franca colabore na regularización do Cerquido

O secretario xeral provincial, David Regades, mantivo un encontro con Verónica Tourón, candidata á alcaldía en Salceda de Caselas, no que esta puxo sobre a mesa a necesidade de acabar coa situación do polígono do Cerquido, que nos últimos anos medrou sen ningún tipo de control, de forma “espontánea” ante a necesidade “de chan industrial” na vila. “Hai que dotar a esta zona dos servizos necesarios para que as empresas poidan traballar e convertela nun polígono industrial”, sinalou a candidata á alcaldía.

Regades e Caballero acompañan a Digna Rivas para explicar o proxecto socialista

As e os socialistas redondelás, coa candidata Digna Rivas á cabeza, mantiveron na noite de hoxe un encontro na Alameda de Chapela co secretario xeral provincial, David Regades, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero. A candidata á alcaldía de Redondela quixo agradecer a presenza do secretario xeral do PSdeG-PSOE da provincia de Pontevedra, David Regades, no percorrido realizado polas rúas de Chapela.

Antonio Lomba opta á reelección cun proxecto xurdido "das inquedanzas e voces da veciñanza"

O Salón de Actos do Centro Cultural da Guarda acolleu na noite deste venres a presentación da candidatura do PSdG-PSOE da Guarda, encabezada por Antonio Lomba, actual alcalde e candidato á reelección. Lomba comezou a súa intervención agradecendo o apoio amosado polo pobo da Guarda, un apoio que lle permitiu a oportunidade de gañar as pasadas eleccións e demostrar o seu compromiso “coas miñas raíces guardesas, coas nosas tradicións, coa nosa cultura e, por suposto, a miña grande atracción polo noso mar”.

A socialista Victoria Alonso presenta unha candidatura para facer "o Mos que queremos"

O Pazo de Mos acolleu este pasado domingo a posta de largo da candidatura do PSdeG-PSOE que acompañará a Victoria Alonso na próximas cita coas urnas do 26 de maio. “Traballo, traballo e traballo”, prometeu Alonso por de toda esta lista, “para facer un Mos mellor”. A candidata comezou agradecendo a Patricia Pérez, actual concelleira e quen lle entrega o testemuño como cabeza de lista, todo o traballo levado a cabo durante estes anos “por Mos e polo Partido Socialista”, tras o que lle entregou un ramo de flores de recoñecemento.

  • Publicado en Mos

Ardán realizará un estudo específico do sector agro do Baixo Miño

Nunha reunión mantida coas alcaldesas do Rosal e de Tomiño e o alcalde da Guarda, co delegado de Zona Franca, Regades comprometeuse a colaborar co sector agrícola do Baixo Miño xa que “temos que considerar a este sector primario como un sector empresarial de gran importancia para Galicia pola súa gran capacidade de xerar negocio e, o que é máis importante, pola súa capacidade de fixar poboación e coidar do territorio”

Avance para a construción de novas naves en Porto do Molle

Coa firma de onte do contrato co arquitecto Pablo Menéndez, en tres meses a Zona Franca dispoñerá de proxecto definitivo para a construción de novas naves de pequeno e mediano tamaño coas que dar resposta á crecente demanda das pemes para instalarse no parque empresarial Porto do Molle no Concello de Nigrán. Como explicou David Regades, a finais de maio convocarase o concurso dunha obra para os que os orzamentos da entidade reservaron 2.784.554 euros e coa que se dará maiores facilidades de instalación ás empresas que non poidan acometer un gran investimento para o inicio da súa actividade.

  • Publicado en Nigrán
Suscribirse a este canal RSS