«III Raid do Condado-Marqués de Vizhoja»

O Concello da Cañiza acolleu a presentación do Raid do Condado-Marqués de Vizhoja, Campionato de España de Raids de Avenuras, organizado polo Club Cornelios, www.cornelios.es, que se celebrará o fin de semana, 15 e 16 de setembro, nos concellos de Salvaterra de Miño, A Cañiza, As Neves e Arbo.

Máis de catrocentos deportistas na II Andaina-Trail Marqués de Vizhoja-Cornelios

Un total de 417 deportistas tomaron a saída, esta fin de semana nas Neves para participar na II Andaina-Trail Condado Marqués de Vizhoja-Cornelios, que se desenvolveu nos concellos de Arbo e As Neves e que se desenvolveu nunhas espectaculares condicións meteorolóxicas. Os participantes repartironse nas dúas modalidades deportivas previstas: Andaina (50 km,27 km e 13 km) e Trail (39 km e 21 km).

Suscribirse a este canal RSS