Charla sobre anfibios e réptiles do Baixo Miño na granxa escola «Corazón de Carballo»

A granxa escola e centro de ocio e tempo de lecer Corazón de Carballo, en Tomiño, acolle este sábado 20 de xaneiro a partir das 19;00 horas unha nova charla, nesta ocasión sobre os anfibios e réptiles do Baixo Miño. O biólogo Fernando Martínez falará nesta ocasión das súas investigacións sobre a bioxeografía, ecoloxía e conservación das poboacións naturais de anfibios e réptiles centradas nas da área do Baixo Miño.

  • Publicado en Tomiño

A granxa escola musical «Corazón de Carballo» abre as súas portas en Tomiño

Unha exposición dedicada ao lobo cunha charla de Carlos Sanz, colaborar de Félix Rodríguez de la Fuente, serviu para inaugurar o venres «Corazón de Carballo» unha granxa escola musical que busca educar na igualdade e no coidado polo medio ambiente, para revalorizar o rural e as tradicións, fomentar o consumo consciente, animar á autonomía persoal e a integración social ou descubrir o interese pola arte, o desenvolvemento creativo, as intelixencias múltiples e o coñecemento mediante a experimentación.

  • Publicado en Tomiño
Suscribirse a este canal RSS