Concello e Asociación de Empresarios de Redondela, asinan un convenio de colaboración

O Alcalde de Redondela, Javier Bas, vén de asinar esta semana un convenio coa Asociación de Empresarios de Redondela dotado con 6.000 euros e que axudará ao desenvolvemento de actividades de dinamización comercial e empresarial en Redondela. Entre as actividades promovidas están a Ruta do Pincho ou a Feira de Oportunidades. A asociación terá que xustificar os gastos mediante facturas para poder cobrar o importe concedido no antedito convenio.

O Goián Club de Fútbol asina un convenio co Celta de Vigo.

O Goián Club de Fútbol ven de asinar un convenio de colaboración co Real Club Celta de Vigo. Os rapaces e rapazas do Goián Club de Fútbol convértense deste xeito nos primeiros xogadores do Baixo Miño en formar parte da Escola de Fútbol do Celta. A sinatura do convenio tivo lugar esta semana no Concello de Tomiño e contou coa presenza da Alcaldesa de Tomiño, Sandra González; o Concelleiro de Deportes do Concello, Ismael Troncoso; e persoas representantes do RC Celta de Vigo e o Goián CF.

  • Publicado en Tomiño

Baiona implícase no programa 'Ocio para todos' do centro Juan María

O Concello de Baiona e a Asociación Benéfico Social de Padres y Amigos del Val Miñor, responsable do Centro Juan María, firmaron un acordo de colaboración para desenrolar un programa de servizos a persoas con discapacidade intelectual. Baiona apoiará cunha subvención o programa “Ocio para todos” que o Centro Juan María destina a quince usuarios dos tres concellos do Val Miñor e que se levará a cabo durante o vindeiro mes de agosto.

  • Publicado en Baiona

A Deputación, patrocinador do Club de Tenis de Mesa de Vincios (Gondomar)

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e a secretaria da Agrupación Deportiva Vincios de tenis de mesa, María Belén González Ramírez, firmaron hoxe no pazo Provincial un convenio de colaboración para o patrocinio da entidade deportiva. No acto tamén estiveron presentes o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, o presidente do Vincios, Vicente Pintos e a deputada de Deportes, Chelo Besada.

Os pescadores de Baiona poderán varar barcos no Monte Real Club de Iates

O presidente do Monte Real Club de Iates, José Luis Álvarez, e a patroa maior da confraría de pescadores de Baiona, Susana González, asinaron  a renovación dun convenio grazas ao cal os pescadores  poderán realizar as varadas das súas embarcacións nas instalacións do club. Ademais deste servizo, con travelift e guindastre, o Monte Real prestará aos 240 membros da confraría outros servizos como os de carpintería, compresor, submarinista, carga de batería, cantiño, estadías sobre carro e varadero.

  • Publicado en Baiona
Suscribirse a este canal RSS