A Guarda convida a empresariado e comercio a participar en «Comercio Innova Plus»

O Concello da Guarda inicia este mércores unha serie de actividades enmarcadas na Campaña «Comercio Innova Plus», encamiñadas a que o comercio coñeza as novas ferramentas tecnolóxicas que teñen á súa disposición, para que as empreguen nos seus propios establecementos comerciais e lle saquen o maior rendemento, ademais de continuar promovendo a innovación dentro da rede comercial do Concello con actividades sobre comunicación e canles de venda, deseño de espazos comerciais, a atención ao cliente ou a creación de alianzas entre empresas.

  • Publicado en A Guarda

«Comercio innova» arrinca esta semana con 8 establecementos participantes

Oito establecementos comerciais da Guarda participan na campaña de dinamización comercial «Comercio innova», impulsada polo Concello guardés que ten, como obxectivo, axudalos a optimizar a súa xestión e facelos máis competitivos. Nesa liña, «Comercio innova» defínese como un programa de acompañamento para a innovación dirixido ao pequeno comercio local.

Aemos impulsa o desenvolvemento e a competitividade profesional con dúas novas accións formativas

A Asociación de Empresarios Mos (Aemos) ten previsto desenvolver, no mes de novembro, dúas accións formativas que buscan potenciar o desenvolvemento profesional e mellorar a competitividade das súas empresas grazas a unha formación de calidade. Os dous cursos que se desenvolverán serán de «Lean Office» e de «Metamorfose da tensión», os cales estarán dirixidos a xerentes e responsables de área e departamento.

  • Publicado en Mos
Suscribirse a este canal RSS