As comparsas de Tomiño, estrelas nos desfiles de entroido de Galicia e Portugal

As comparsas de Tomiñoestán a asinar un Entroido 2018 caracterizado polo éxito acadado en todos os desfiles nos que participaron, ata o de agora, tanto en Galicia como en Portugal. Así, Estrelas da Noite, Luces e Ciklón conseguiron entre todas unha ducia de premios tras o seu paso polos desfiles de Santiago de Compostela, Pontevedra, A Coruña, O Rosal, Tui e mesmo a localidade portuguesa de Caminha.

  • Publicado en Tomiño

Cantos Somos con «La alcaldía tenía un precio» gañadores do desfile-concurso de Entroido tudense

Miles de persoas gozaron esta tarde en Tui do desfile concurso de Entroido no que se deron cita 15 comparsas, 21 carrozas e máis de 1.100 persoas desfilando. A comparsa tudense Cantos Samos foi a gañadora absoluta do desfile-concurso coa sátira da política local baixo o título «La alcaldía tenía un precio», foi amais quinta en carrozas e segunda en acompañamento musical.

  • Publicado en Tui

Máis de 600 persoas participan o sábado no Concurso de Comparsas de Nigrán

Mañá sábado, 10 de febreiro, Nigrán dará comezo ao seu programa de Entroido, e o ferá co xa tradicional Concurso de Comparsas que, como os dous anos anteriores, terá lugar a partir das 20:30 horas e percorrerá o centro do municipio. Serán un total de 611 participantes agrupados en 13 comparsas das que 5 serán de Nigrán, 4 de Gondomar, 2 de Tomiño e outras dúas de Vigo.

  • Publicado en Nigrán

Amplíase ata o xoves a inscrición no Desfile-Concurso do Martes de Entroido da Guarda

A Concellería de Cultura do Concello da Guarda vén de ampliar, ata o vindeiro xoves 8 de febreiro, o prazo de inscrición no Desfile-Concurso que se celebrará o Martes de Entroido. As bases do desfile contemplan ata cinco categorías diferentes de participación (incluíndo carrozas, comparsas, grupos e individual-parellas adulto ou infantil) na modalidade de concurso, cunha ampla variedade de premios.

  • Publicado en A Guarda

Máis de 600 persoas no Concurso de Comparsas que abre o Entroido de Nigrán

Máis de 600 persoas, 611 para a quen lle gusta a exactitude, participarán no Concurso de Comparsas de Nigrán que, o vindeiro sábado 10 de febreiro, será o encargado de marcar o inicio do Entroido do municipio do Val Miñor. Serán en total, de trece comparsas as participantes, cinco de Nigrán, catro da veciña Gondomar, dúas de Tomiño e outras dúas de Vigo as que protagonizarán este desfile que dará comezo ás 20 horas para percorrer a rúa Rosalía Castro.

  • Publicado en Nigrán

O 6 de febreiro, inscrición para o Desfile Concurso de Entroido de Tui

O próximo martes, 6 de febreiro, será a data na que se teñan que inscribir os grupos e comparsas que desexen participar no Desfile Concurso de Entroido de Tui. Os interesados deben presentar o impreso de solicitude –no modelo oficial que se pode descargar na web municipal– no rexistro de entrada ou no departamento de Cultura en horario de 9 h a 14 h.

  • Publicado en Tui

Nigrán abre o prazo de inscrición para o concurso de comparsas de Entroido

O Concello de Nigrán abre ata o 2 de febreiro (inclusive) o prazo de inscrición no concurso de comparsas, que terá lugar o sábado 10 de febreiro ás 20.00 horas (en caso de choiva se posporá ao día 16 de febreiro). Nesta edición repartiránse 3.000 euros entre os doce primeiros clasificados, a diferencia do ano pasado no que eran 9 os premiados. Así, o gañador percibirá 600 € seguidos de 500 €, 400 €, 350 €, 300 €, 250 € e seis premios de 100 €.

  • Publicado en Nigrán

Éxito do Entroido de Mondariz organizado pola Asociación de Veciños Xabriña

A directiva da Asociación de Veciños Xabriña de Mondariz, fixo pública unha nota na que quere expresar o seu agradecemento a todos cantos traballaron para na preparación das carrozas e comparsas, e salientan que "a pesar das poucas  do tempo", moitisima xente achegouse a Mondariz para ver un desfile do que quedaron gratamente impresionados "polo alto nivel dos participantes".

Suscribirse a este canal RSS