Éxito de participación no desfile de Entroido de Arbo

A pesar de que o tempo parecía non acompañar, o domingo de entroido a afluencia de visitantes ao desfile de Entroido de Arbo superou as expectativas da organización, recuperándose o espíritu do desta festa tradicional dunha maneira extraordinaria. O Desfile de Comparsas, organizado un ano máis pola Concelleria de Cultura, contou cunha grande participación, tanto no que fai referencia ao concurso de comparsas, coma durante o desfile en xeral.

  • Publicado en Arbo

Máis de 1.100 participantes no desfile de carrozas e comprasas do Entroido de Salceda

Salceda de Caselas amosou onte porque o seu Entroido é un dos de máis renome do sur de Pontevedra e o motivo polo que leva buscando, sen éxito ata o de agora e ante a miopía dalgunha administración, a declaración de Festa de Interese Turístico Galego para unha festa que leva máis dun século de celebración ininterrompida. Máis de 1.100 participantes distribuídos en doce comparsas, falan ben as claras da importancia deste Entroido como parte inseparable da identidade cultural do municipio.

O Porriño, preparado para o Entroido 2017

O Concello do Porriño desenvolverá, durante todo o mes de febreiro, un intenso programa cultural e de actividades, que inclúen obradoiros, conferencias ou animación na rúa, e que chegará ao seu punto álxido entre o 25 de febreiro e o 1 de marzo, coa celebración do Entroido 2017.

Máis de 1.400 persoas desfilarán no entroido de Tui o vindeiro luns

Máis de 1.400 persoas participarán o próximo luns, 8 de febreiro, festivo local na cidade, no Desfile-Concurso de Entroido en Tui. Esta cita festiva duplica a súa participación respecto ás últimas edicións de tal xeito que este ano desfilarán 18 comparsas, o máximo establecido nas bases. Os participantes chegarán de Tui, Tomiño, Salceda, Gondomar, Vigo, O Porriño e Mos presentando as máis diversas propostas de Entroido inspirados en temas de actualidade coma a praga do picudo vermello, ou apostas por deseños animados, tribos, ou motivo mariños.

  • Publicado en Tui

O Porriño aproba as bases para o Concurso de Comparsas do Entroido

O Concello do Porriño vén de aprobar as bases do Concurso de Comparsas do Entroido 2016, que poden consultarse na Casa do Concello e no Centro Cultural e que establecen que poderán participar no concurso aquelas comparsas compostas por un mínimo de 10 persoas, podendo competir nas categorías Infantil (ata 12 anos) e Adulto (de 13 anos en adiante). O prazo de inscrición estará aberto dende o 27 de xaneiro ao 2 de febreiro.

O actor Avelino González, pregoeiro do Entroido de Nigrán

O actor e humorista, Avelino González, coñecido polo seu papel de 'Miñato' na serie Padre Casares da TVG, será o pregoeiro do Entroido 2016 do Concello de Nigrán, unha festa na que o tradicional desfile de comparsas dará un especial protagonismo ao centro do municipio xa que, en lugar de facelo en Praia América, como era tradicional, partirá da rúa Telleira para rematar fronte a Casa Consistorial.

  • Publicado en Nigrán

O Concurso de Comparsas de Arbo repartirá 1.500 euros en premios

O Concello de Arbo repartirá 1.500 euros en premios no seu concurso de comparsas. Os premios serán de distinta contía dependendo da categoría na que se participe, xa que a organización establece concursos separados para as comparsas de 5 a 14 compoñentes, de 15 ou máis compoñentes, comparsas infantís e mellor mascarita. O prazo para inscribirse no Concello remata ás 13 h do venres 5 de febreiro aínda que as comparsas tamén se poderán inscribir no lugar do desfile, ata unha hora antes do comezo do mesmo.

  • Publicado en Arbo

Mos abre a inscrición para o seu tradicional desfile de comparsas

A concellería de Cultura do Concello de Mos, que dirixe Sara Cebreiro, convoca un ano máis o tradicional desfile de comparsas, que se realizará dentro das actividades do programa de Entroido 2016, o domingo día 7 de febreiro ás 17:30 horas na Avenida de Sanguiñeda. Neste desfile poderán inscribirse, ata o día 22 de xaneiro, todas aquelas comparsas integradas por un mínimo de 25 compoñentes, número mínimo estipulado para poder acceder ás axudas establecidas polo Concello.

  • Publicado en Mos
Suscribirse a este canal RSS