A concellería de Comercio realiza obras "para subsanar a reforma realizada polo PP"

A concelleira de Comercio do Concello de Ponteareas, Inés Vidal, advertiu ao grupo da oposición do Partido Popular "que non vai tolerar o engano á cidadanía con informacións que distorsionan a realidade como as declaracións realizadas nestes días sobre a praza da abastos". Vidal saía ao paso, con estas declaracións, das acusacións realizadas polo PP sobre os desperfectos que, ao seu entender, tiña o mercado de abastos ponteareán.

Baiona premia aos mellores escaparates do Nadal

O salón de plenos da casa do Concello de Baiona acolleu a reunión do xurado do concurso 'Decorando Baiona no Nadal' promovido pola Concellería de Comercio do concello baiones. O xurado, tiña diante de si a difícil tarefa de decidir os escaparates gañadores, estaba formado por un representante de ACEBA, COEMSA, unha persoa vinculada ás artes escénicas e escenografía e dúas técnicas do Concello.

  • Publicado en Baiona

Rematan na Guarda as sesións formativas de 'Comercio Innova Plus'

O Concello da Guarda rematou este luns o Programa de Innovación para o Comercio 'Comercio Innova Plus', dirixido especialmente a comerciantes e empresarios da vila, unhas actividades nas que se incluíron xornadas formativas, píldoras e charlas dende o pasado mes de novembro de 2018.

  • Publicado en A Guarda

A Atención ao Cliente centrou a charla de Fátima Rodríguez en 'Comercio Innova Plus'

O Concello da Guarda continúa coas actividades do programa formativo 'Comercio Innova Plus'. O pasado luns día 21 de xaneiro tivo lugar unha charla sobre «Innovación no cara a cara co cliente», que se realizou na Casa dos Alonsos da Guarda a cargo da poñente Fátima Rodríguez Marcos, Licenciada en Psicoloxía, quen posúe unha ampla experiencia como formadora en habilidades comunicativas e atención ao cliente. Dende fai case 4 anos dirixe o seu propio proxecto profesional a través de Talentea, unha consultoría de proxectos ubicada en A Guarda.

  • Publicado en A Guarda

Eu Rural arranca o ano cun curso de escaparatismo e paquetería comercial en Tomiño

A Escola Eu Rural comeza o 2019 cun novo curso de formación en Tomiño. Dende o pasado 17 de xaneiro e até o 30 do mesmo mes, o municipio acolle 'O ben feito, ben parece', unha actividade formativa organizada pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural (entidade responsable da execución da Medida Leader 2014-2020), e que ten como obxectivo principal axudar a crecer e mellorar o comercio local, dando ferramentas a todas as persoas para mellorar as ventas dos negocios e facelos máis competitivos.

  • Publicado en Tomiño

Juan Morandeira Vázquez forma a comerciantes guardeses

O Concello da Guarda continúa neste mes de xaneiro as actividades do programa formativo 'Comercio Innova Plus', dirixido especialmente a comerciantes e empresarios da vila, unha actividade para a que non é preciso inscrición previa e que se realiza de balde. 

  • Publicado en A Guarda

Continúa na Guarda a programación formativa de «Comercio Innova Plus»

O Concello da Guarda continúa neste mes de xaneiro as actividades do programa formativo “Comercio Innova Plus”, dirixido especialmente a comerciantes e empresarios da vila. Para o mes de xaneiro de 2019, están previstas tres novas sesións formativas que teñen como obxectivo que o comercio da vila coñeza as novas ferramentas tecnolóxicas que teñen á súa disposición, para que as empreguen nos seus propios establecementos comerciais e lle saquen o maior rendemento.

Tomiño acolle un curso de escaparatismo organizado pola Escola Eu Rural

Tomiño acolle este mes de xaneiro o curso ‘O ben feito ben parece’, unha actividade formativa organizada pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural, entidade responsable da execución da Medida Leader 2014-2020, e que ten como obxectivo principal axudar a crecer e mellorar o comercio local, dando ferramentas á todas as persoas participantes para mellorar as ventas dos negocios e facelos máis competitivos e de éxito.

  • Publicado en Tomiño
Suscribirse a este canal RSS