Represas urxe á Xunta e Fomento a constitución da Comisión para construír a Circunvalación

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, considera "que estamos diante dun momento crucial para o futuro de Ponteareas, un momento no que é imprescindible a coordinación das obras das distintas administración nunha mesma dirección e activar a execución de actuacións prioritarias, polas que Ponteareas leva tantos anos agardando". Obras, sinalou, "como a Circunvalación que una a autovía A-52 dende o enlace de Moreira co núcleo urbano e a N-120".

Vía libre á circunvalación de Tomiño

A nova avenida que rodeará o núcleo do Seixo en Tomiño e permitirá eliminar o tráfico de paso polo centro urbano da vila xa ten vía libre. A presidenta da Deputación Carmela Silva, o vicepresidente César Mosquera e o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, participaron hoxe xunto coa alcaldesa Sandra González Álvarez e coa conselleira de Infraestruturas da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, na sinatura do convenio que certifica a colaboración das tres institucións para a execución da estrada de nova creación, que ten un orzamento de 3.545.623,60 euros, dos que 2.351.163,26 serán aportados pola Deputación de Pontevedra.

  • Publicado en Tomiño

Xosé Represas considera clave "a unidade" para que Fomento execute a Circunvalación

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, vén de facer un chamamento á unidade das forzas políticas e sociais do municipio para que a Circunvalación de Ponteareas e as obras de mellora da N-120 “execútense sen mais demora”. Represas amosou a súa satisfacción tanto polas previsións que, para o municipio, figuran nos Orzamentos do Estado para este 2017, coma polos compromisos que este documento acada ata o 2020.

Suscribirse a este canal RSS