'Avenida do Baixo Miño', a circunvalación de Tomiño xa ten nome

A nova avenida que rodeará o núcleo do Seixo e que transformará o centro da vila cara un espazo público pensado para as persoas, xa ten nome: 'Avenida do Baixo Miño'. O proceso participativo a través do que todos os veciños e veciñas do municipio puideron, primeiro, achegar ideas sobre que nome poñerlle a esta nova infraestrutura e, finalmente, escoller aquela que máis lle gustase a través votación popular, culminou hai unhas semanas con este resultado provisional, xa que está pendente de aprobación no pleno municipal.

  • Publicado en Tomiño

O PSdeG-PSOE de Ponteareas cualifica de "histórico" o compromiso de Fomento

Logo do anuncio do Ministerio de Fomento de facerse cargo da redacción e execución das obras da circunvalación de Ponteareas, o PSOE ponteareá amosou a súa satisfacción ao mesmo tempo que a súa portavoz e tenente de alcalde do Concello de Ponteareas, Chus Garrote, adiantaba que o Ministerio "xa ten o anteproxecto, o que permitirá comezar coa redacción do mesmo e execución desta nova estrada o antes posible".

O goberno ponteareán convocará a comisión de seguemento para informar da reunión con Fomento

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas e a tenente de alcalde, Chus Garrote, mantiveron unha reunión na Subdelegación do Goberno en Pontevedra co director xeral de estradas, Javier Herrero; o director da Axencia Galega de Infraestruturas da Xunta de Galicia, Francisco Menéndez, e coa propia subdelegada Maica Larriba, para coñecer o estudo de alcance da circunvalación, tal e como se comprometeran en Madrid na reunión mantida co goberno local.

Font cualifica de "ridícula" a petición do PP para reclamar a variante de Ponteareas

 O voceiro do grupo socialista da Deputación de Pontevedra, Carlos López Font, cualificou hoxe de "ridícula" a moción na que o PPdeG reclamaba ao Goberno central "que habilite máis orzamento" para a variante de Ponteareas e a mellora da seguridade viaria da N-120. López Font reprochou aos populares que presenten agora esta proposta cando “en catro anos non lle reclamaron ao Goberno central que cumpra o compromiso de contratar, executar e financiar as obras, nin se lles ocorreu reclamar á Xunta de Galicia a redacción do proxecto construtivo desta vía”.

Chus Garrote satisfeita coa reunión con Fomento. “Haberá circunvalación”

A tenente de alcalde e candidata socialista, Chus Garrote, valorou como moi satisfactoria a reunión co Director Xeral de Carreteras que tivo lugar o pasado xoves no Ministerio de Fomento, na que se acadou o compromiso do Goberno de España cunha reclamación histórica dos veciños e veciñas de Ponteareas. “Nesta reunión os socialistas demostramos o noso compromiso con Ponteareas e fixémolo con feitos. Demostramos unha vez máis que somos un partido no que se pode confiar” declara Chus Garrote.

Belén Villar pedirá ao Pleno da Deputación apoio "ás reivindicacións da plataforma da N-120"

A candidata do Partido Popular á alcaldía de Ponteareas e deputada provincial, Belén Villar, asegurou hoxe que o PP "esgotará todos os mecanismos posibles para evitar o recorte do Goberno estatal" que, no borrador dos Orzamentos do Estado para este exercicio 2019, decidiu facer desaparecer a Variante-Circunvalación de Ponteareas e reducir o investimento para a mellora da seguridade da N-120.

Suscribirse a este canal RSS