Preto dun milleiro de participantes nas probas 'Xarotos' e 'Challenge Rías Baixas' do Porriño

A vila do Porriño converterase na capital do ciclismo pontevedrés durante as vindeiras semanas ao reunir a preto dun milleiro de participantes nas probas que organiza o club ciclista Master da Louriña. Unha de elas, a Xarotos Gran Fondo co patrocinio do Concello de Porriño e Deputación Provincial, defínese como “proba ciclodeportiva” que se disputará o domingo 12 de maio.

Máis dun cento de ciclistas, nas 'I Xornada de seguridade viaria no ciclismo'

Respectamos as normas?, sabemos o risco que corremos?, temos empatía co resto dos usuarios da estrada?, mellor máis guapo ou máis seguro?... son algunhas das reflexións que todos os participantes consideraron onte na 'I Xornada de Seguridade Viaria no Ciclismo' celebrada no Auditorio Municipal de Ponteareas e organizada pola Concellería de Tráfico e Seguridade Cidadá que dirixe Vanesa Fernández.

O 'MiniDH' enche Mondariz de ciclistas

O este poasado sábado Mondariz acolleu a primeira das oito probas que compoñen o calendario do MiniDH Galicia Series.  Un total de 113 nenos e nenas chegados de toda Galicia, participaron nesta proba na que os e as pequenas deportistas riveron que pasar obstáculos de madeira, escaleiras, dubbies, saltos, etc. Era unha proba que nada tiña que envexar aos grandes eventos do mundo do DH a non ser a idade dos e das participantes.

'Baixo Miño Enduro Experience' na Guarda, todo un espectáculo

Os montes da Guarda e do Rosal acolleron o pasado domingo día 7 de abril a primeira proba de Enduro da zona, a 'Baixo Miño Enduro Experience', unha proba deportiva na que se combina a habilidade técnica do DH (Descenso) e a resistencia física do XC (Rally) e na que tomaron a saída un total de 182 ciclistas. A espectacularidade da proba, cun desnivel acumulado de 1.200 metros e 28 quilómetros de percorrido, non defraudou ao numeros público que se deu cita en ámbalas dúas localidades.

O Club Ciclista Ponteareas presenta os seus equipos para a tempada 2019

O Auditorio Municipal de Ponteareas acolleu, onte domingo, a presentación dos equipos do Club Ciclista Ponteareas para esta tempada 2019. Fo, sen dúbida, unha das presentacións máis numerosas que que se levan desenvolvido en toda a historia do club xa que máis de nenos e nenas subiron ao escenario arroupados polas máis de 300 persoas presentes no auditorio ponteareán.

O Club Ciclista Ponteareas organiza o Minidh urbano en Mondariz

O dia 13 de abril celebrarase en Mondariz, a primeira proba deste ano de Minidh, tratase dunha proba urbana na que os nenos e nenas amosarán a súa habilidade nunha serie de obstáculos feitos para o evento. Esta será a primeira das sete probas que compoñen o Minidh deste ano 2019, competición que é posible pola aposta de sete Clubs para potenciar a modalidade de ciclismo de descenso dende a base.

Tres corredores do Club Ciclista Ponteareas, coa Selección Galega

Tres corredores do Club Ciclista Ponteareas veñen de ser seleccionados para representar a Galicia no Campionato de España de Ciclocrós que se disputará en Pontevedra. Un deles será Borja Gómez Méndez, que volverá repetir a fazaña do ano pasado e esta vez na súa casa natal, Galicia. Os outros dous seleccionados son Miguel Rodríguez e Jorge Fernández que representarán a Galicia nas categorías de Cadete e Xuvenil.

Suscribirse a este canal RSS