BNG e PSdG-PSOE acadan un pacto de goberno en Ponteareas

Xosé Represas e Chus Garrote asinaron hoxe o pacto de goberno acordado entre BNG e PSdG-PSOE para gobernar en coalición en Ponteareas durante o vindeiro mandato. BNG e PSdG-PSOE suman doce concelleiros e concelleiras nunha corporación onde a maioría absoluta se sitúa nos once edís.

Máis de dous mil persoas benefícianse das melloras da piscina municipal de Ponteareas

Máis de dous mil usuarios/as da piscina municipal benefícianse dende esta semana dos resultados da posta en funcionamento da nova instalación climatizadora. Nas últimas semanas, o goberno de Ponteareas actualizou os equipamentos da piscina municipal e instalou unha nova climatizadora que reduce a condensación e mantén a temperatura axeitada tanto dentro como fóra da auga.

O PSOE achaca a perda do escano á "capitalización do goberno municipal polo BNG"

O PSdeG-PSOE de Ponteareas valorou negativamente os resultados do pasado domingo ao considerar que non foron capaces "de capitalizar o seu traballo de goberno durante os catro anos de mandato". Así mesmo, agradecen aos veciños e veciñas de Ponteareas a confianza depositada no Partido Socialista recordan que segue habendo unha maioría de esquerdas onde o PSOE ten e terá un peso determinante para que se poidan levar a cabo políticas progresistas e de benestar para o conxunto da veciñanza.

O ministro de Cultura, José Guirao, e Gonzalo Caballero en Ponteareas con Chus Garrote

O ministro de Cultura, José Guirao, e o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE acompañaron este xoves á candidata socialista á alcaldía de Ponteareas, Chus Garrote. O titular de Cultura puido visitar o Concello de Ponteareas e un dos emblemas do patrimonio ponteareá, o Castro de Troña. “Un dos meus obxectivos como alcaldesa é por en valor o noso patrimonio como punto de atracción turística”, subliñou Chus Garrote.

Chus Garrote advirte que o PP "quere dilatar a aprobación do PXOM"

A candidata socialista e Concelleira de Urbanismo, Chus Garrote, advirte que "o Partido Popular so quere dilatar a aprobación do PXOM e confundir á cidadanía actuando de maneira irresponsable a súa voceira Belén Villar nas súas funcións como concelleira da oposición". A concelleira socialista lémbralle á popular Belén Villar que "en novembro de 2018 abriuse un período de detección de erros para todo o mundo, canto máis para os concelleiros da oposición aos que se lles trasladou o documento nese mesmo mes contando tamén con liña directa co equipo redactor".

Chus Garrote presenta “un proxecto de cidade para Ponteareas”

Ante os máis de cen veciños e veciñas que asistiron a cea de presentación da lista socialista, Garrote afirmou contar cunha candidatura "formada, con experiencia de goberno pero tamén comprometida coa veciñanza". “A experiencia e a formación é importante –asegurou a candidata socialista– pero aínda o é máis contar cunha lista que coñeza a realidade de Ponteareas e os problemas dos veciños e veciñas”.

Chus Garrote presenta a súa lista ás eleccións municipais o venres 3 de maio

Os socialistas de Ponteareas presentarán a súa lista ás eleccións municipais de do 26 de maio cunha cea con todos os simpatizantes e militantes socialistas. O PSdeG-PSOE tamén quere aproveitar esta ocasión para festexar son o partido máis votado nas eleccións xerais, un resultado que cualificaron de histórico e esperanzador para o futuro de Ponteareas.

Ponteareas da por rematado o acondicionamento do aparcamento de Granitos de Galicia

O Concello de Ponteareas vén de dar por rematados os traballos de acondicionamento do novo aparcamento municipal ubicado no solar da antiga empresa Granitos de Galicia e Aceros del Tea. O estacionamento, inicialmente, contará con 61 prazas, dúas delas para persoas con mobilidade reducida e catro para motos. A concelleira de Vías e Obras e tenente de alcalde, Chus Garrote, adiantou xa que a instalacion ampliarase próximamente duplicando o número de prazas iniciais.

Suscribirse a este canal RSS