19.4 C
Pontevedra
Martes, 23 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiCharla coloquio «86 aniversario da amerizaxe de Lindbergh no río Miño en...

    Charla coloquio «86 aniversario da amerizaxe de Lindbergh no río Miño en Caldelas/Friestras»

    Será este domingo ás 12 h na Casa Cultural de Caldelas. Está organizada polo Concello e a Asociación Cultural A Insua

    A Casa Cultural de Caldelas acolle este domingo, 17 de novembro, ás 12 h a charla coloquio ‘Lindbergh en Caldelas’, cando se cumpren 86 anos do amerizaxe do aviador norteamericano no río Miño. A charla correrá a cargo de Rafael Sánchez Bargiela, –historiador, técnico do Arquivo, Museo e Biblioteca do Concello de Tui e colaborador deste xornal–, e de Jose Manuel do Souto Pereira Gomes, piloto, instrutor de voo, socio fundador do Aeroclube de Cerval e director do aeródromo de Cerval, en Valença.

    Con este evento o Concello de Tui e os veciños de Caldelas queren darlle visibilidade aos feitos históricos acontecidos o 13 de novembro de 1933. Nesa data o aviador norteamericano Charles Augustus Lindbergh e a súa dona Anne Spencer Morrow tiveron que realizar unha amerizaxe no río Miño, entre a parroquia tudense de Caldelas e a freguesía valenciana de Friestas, cando estaban a realizar a volta ao mundo no seu hidroplano Albatros.

    Debido ao mal tempo amerizaron nunha zona de augas tranquilas, descoñecendo que estaban na fronteira hispano portuguesa. Procedían de Santoña, onde o mal tempo lles obrigara tamén a amerizar no Cantábrico, tras iniciar a ruta no Lago Constanza en Suíza con destino a Lisboa.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.