A Eurocidade achega a arte a máis de 400 estudantes de Tomiño e Cerveira

Diversión, convivencia e achegamento ao mundo da arte. Eses son os piares das cinco sesións de actividades artísticas organizadas pola Escola Superior Gallaecia de Cerveira en colaboración coa Mesa de ANPAs de Goián e a ANPA Solleiro do IES Antón Alonso Ríos ao abeiro dun dos proxectos gañadores na votación do Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT) 2018.

  • Publicado en Tomiño

Nais e pais de Cerveira e Tomiño planifican xuntos actividades lúdico-educativas

As asociacións de nais e pais de Vila Nova de Cerveira e Tomiño (ANPAs) comezaron a planificar a pasada semana, as actividades dos proxectos gañadores no Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT) 2019. Trátase de dous proxectos impulsados conxuntamente polas asociacións de pais e nais dos dous concellos, que durante o proceso de votación obtiveron máis do 50% dos votos e serán desenvolvidos ao longo deste ano, cadanseu cun orzamento de 10.000 euros.

  • Publicado en Tomiño

Tomiño e Cerveira piden facilitar o desprazamento de menores na zona da fronteira

As Valedoras Transfronteirizas Cerveira-Tomiño, órgano que tenta garantir a defensa dos dereitod e intereses dos residentes como cidadáns europeos transfronteirizos, veñen de presentar un informe que busca conseguir a eliminación das barreiras de mobilidade transfronteiriza da infancia e mocidade. Piden, entre outras cousas, "estudar medidas excepcionais que adapten os requisitos de autorización sobre mobilidade transfronteiriza de menores ás novas realidades sociais e administrativas de nivel local".

  • Publicado en Tomiño

Tomiño e Cerveira salientan o papel dun territorio común coma factor de atracción turística

Borrar a noción de fronteira entre Galiza e Portugal, ofrecendo o Territorio Río Miño coma un produto único, resultará estratéxico á hora de atraer turistas. Nesta idea base coincidiron tanto os alcaldes de Cerveira e Tomiño (Fernando Nogueira e Sandra González, respectivamente), coma o director da AECT Río Miño (Agrupación Europea de Cooperación Territorial do Río Miño), Uxío Benítez, durante a inauguración das xornadas “O turismo no contexto transfronteirizo Cerveira-Tomiño”, celebradas hoxe no Castelo de Vila Nova de Cerveira.

  • Publicado en Tomiño

Arranca «Desporto para Tod@s», programa transfronteirizo promovido por Tomiño e Cerveira

Coa entrada do mes de setembro, a «Amizade Cerveira-Tomiño» deu inicio ás actividades do Programa Desporto para Tod@s 2018/2019. A primeira acción da «Piscina en Familia» (ofrece sesións de natación e iniciación no medio acuático para nenos de 3 a 10 anos, acompañadas de familiares) celebrouse o sábado pasado, e as sesións para «Maiores de 55 anos» comezaron este martes.

  • Publicado en Tomiño

Tomiño e Cerveira comparten actividades de deporte e lecer

Os concellos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira, organizan un programa de actividades deportivas gratuítas conxuntas, dentro do Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT), que se desenvolverá en equipamentos municipais ata finais do ano 2019. Haberá sesións para maiores de 55 anos os martes e xoves ás 10 de mañá, e xogos de iniciación á natación para nenas e nenos de 3 a 12 anos acompañados de familiares, o primeiro sábado de cada mes (19 h, hora galega) na piscina de Vila Nova de Cerveira.

  • Publicado en Tomiño

Tomiño e Cerveira relatan con éxito a súa experiencia transfronteiriza

Os alcaldes de Vila Nova de Cerveira e Tomiño, Fernando Nogueira e Sandra González, respectivamente, foron os convidados do segundo día do IV Encontro Ibérico de Democracia e Orzamentos Participativos, celebrado na Coruña, entre 4 e 6 de xullo. O Orzamento Participativo Transfronteirizo Cerveira-Tomiño foi analizado como unha experiencia innovadora e de éxito.

  • Publicado en Tomiño

O Espazo Fortaleza de Goián, galería de escultura «en vivo»

Ata o vindeiro 30 de xuño, seis recoñecidos artistas de distintas partes do mundo, traballan «en vivo» no Espazo Fortaleza de Goián, no marco da terceira edición do Simposio de Escultura do Miño; unha iniciativa conxunta dos concellos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira que converte a Fortaleza nunha auténtica galería de arte que, como poucas, permite ver a evolución dos traballos dos seis artistas.

  • Publicado en Tomiño
Suscribirse a este canal RSS