Deputación e Colexio de Veterinaria impulsan a identificación de 400 exemplares de gando equino

A Deputación de Pontevedra e o Colexio Oficial de Veterinaria veñen de acordar a identificación de ata 400 exemplares de gando equino que viven en réxime de liberdade ou semiliberdade nos montes da provincia, dando así resposta á inquedanza das comunidades de montes e ante a inacción da Xunta de Galicia. En total, a institución provincial inviste na actuación 9.600 euros co obxectivo de preservar o valor etnográfico, turístico, medioambiental e sostible das explotacións gandeiras tradicionais, ao tempo que impulsar o cumprimento da normativa vixente relativa á identificación dos équidos.

Carmela Silva: "A Deputación é a entidade que máis inviste na comarca de Vigo"

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, participou este luns no acto organizado pola dirección provincial do partido en Redondela, no que destacou os case 38 millóns de euros postos a disposición dos concellos de Fornelos de Montes, Mos, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas e Soutomaior. “É o maior investimento feito nunca por esta Deputación nestes concellos”, indicou.

Carlos Gómez presenta a súa lista para construir "a Baiona que queremos"

Carlos Gómez presentou este 1º de maio, Día dos Traballadores, a candidatura que o acompañará o próximo 26 de maio. “Non imos prometer máis que traballo, traballo, traballo e traballo”, asegurou o candidato á alcaldía de Baiona. En total son 20 mulleres e homes nunha lista que Gómez cualificou de excelente para representar os intereses da veciñanza de Baiona e conseguir “o cambio que necesita”. “Este grupo de boas persoas é o que vai levar a cabo o proxecto socialista para Baiona”, defendeu o cabeza de lista.

  • Publicado en Baiona

Deputación e CSIC fortalecen relacións para a realización de actividades comúns

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, recibiu no Pazo Provincial ao novo delegado institucional do CSIC en Galicia, Antonio de Ron, e á directora da Misión Biolóxica de Galicia, Elena Cartea, “un día moi especial, dixo a presidenta provincial, porque poñemos en valor campos do coñecemento tan relevantes como a ciencia e a investigación”.

'Desafío Domingo Fontán' gañador do 'I Hackathon DESTInno' das 'II Xornadas TurisTIC' da Deputación

As II Xornadas TurisTIC da Deputación de Pontevedra chegaron ao seu fin no Verbum de Vigo coa entrega dos premios do 'Hackathon DESTInno', iniciativa impulsada para galardoar as mellores solucións tecnolóxicas encamiñadas a fortalecer a eficiencia dos destinos turísticos. Deste xeito, o proxecto 'Desafío Domingo Fontán' acadou o primeiro premio, seguido de 'Niiru' na segunda posición e 'Rondar' na terceira.

A socialista Victoria Alonso presenta unha candidatura para facer "o Mos que queremos"

O Pazo de Mos acolleu este pasado domingo a posta de largo da candidatura do PSdeG-PSOE que acompañará a Victoria Alonso na próximas cita coas urnas do 26 de maio. “Traballo, traballo e traballo”, prometeu Alonso por de toda esta lista, “para facer un Mos mellor”. A candidata comezou agradecendo a Patricia Pérez, actual concelleira e quen lle entrega o testemuño como cabeza de lista, todo o traballo levado a cabo durante estes anos “por Mos e polo Partido Socialista”, tras o que lle entregou un ramo de flores de recoñecemento.

  • Publicado en Mos

A política local 'Con Voz de Muller'

Por vez primeira o PSdeG-PSOE de Pontevedra promoveu hoxe un acto no que fixo gala da forza feminina progresista coa que o partido concorre nas vindeiras eleccións municipais. Baixo o título 'A política local con Voz de Muller' as e os socialistas pontevedreses reuniron no Salón José Peña de Cambados a máis de 300 persoas que serviu para presentar ás candidatas ás alcaldías que concorren na provincia que representan un 44% do total das candidaturas que o PSdeG-PSOE de Pontevedra presenta.

'O Mar das Mulleres', proxecto para a visibilización das mulleres do mar

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto á profesora universitaria, María Álvarez Lires, deu a coñecer hoxe a novidosa iniciativa 'O mar das mulleres' froito da colaboración entre a institución provincial e a Universidade de Vigo e no marco do proxecto 'Mar en Feminino', que lidera a Facultade de Ciencias da Educación do Campus de Pontevedra. Silva destacou que se trata dun paso máis, o terceiro, trala creación da web marenfeminino.campusdomar.gal e a posta en marcha da exposición itinerante 'Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar'.

Suscribirse a este canal RSS