18.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoOiaCampamento de Nadal en Oia para nenos e nenas de 3 a...

    Campamento de Nadal en Oia para nenos e nenas de 3 a 12 anos

    O CEIP Mestre Manuel García de Oia acollerá un campamento de Nadal dirixido a nenos e nenas entre os 3 e os 12 anos, unha actividade organizada por Ma Nunú Conciliación Familiar y Talleres e que conta coa colaboración do Concello de Oia.

    O campamento desenvolverase entre o 23 de decembro e o 7 de xaneiro en horario de mañá (de 9.00 a 14.00 horas) co obxectivo de facilitar a conciliación familiar. Entre outras actividades, os pequenos e pequenas participarán no desenvolvemento de traballos manuais, xogos e dinámicas de grupo.

    O campamento de Nadal ten un prezo total de 65 euros e de 10 euros/día no caso de querer asistir en días soltos. As prazas son limitadas.

    Máis información e inscricións en info@manunu.es e no teléfono 619.96.11.80.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.