Os Socialistas comprometen axudas ás Comunidades de Augas e un espazo deportivo en Camos

O alcalde socialista de Nigrán e cabeza de lista ás eleccións municipais do 26 de maio, Juan González, comprometeu onte no seu encontro cos veciños de Camos a creación dun espazo deportivo onde está o actual campo de fútbol de A Camoesa, cuestión demandada polos propios veciños, así como unha liña de axudas ás comunidades de augas da parroquia mentras non se completa a rede de abastecemento municipal.

  • Publicado en Nigrán

Nigrán leva o abastecemento municipal ao CEIP da Cruz, en Camos

O Concello de Nigrán está a levar a cabo as obras de ampliación da rede de abastecemento de auga ata o CEIP da Cruz, en Camos, estando previsto que rematen na vindeira semana e que a continuación estea operativo o servizo. O Centro educativo fornecíase dende a súa inauguración no ano 1983 de pozos e depósitos, tendo que empregarse un sistema propio de cloración, segundo a normativa actual, supervisado dende o Concello e co conseguinte risco de quedar sen auga nos tempos de seca.

  • Publicado en Nigrán

Nigrán asfalta trece rúas de Camos cun investimento superior aos 142.000 euros

O Concello de Nigrán rematará esta semana o asfaltado de trece rúas da parroquia de Camos por importe de 142.731 € a cargo do Plan Concellos 2019 da Deputación de Pontevedra. Estas atópanse nos barrios de As Pedras, A Lama, A Touza, O Carballal, A Cruz, Marín, Vilar, O Sobral, A Rotea (segunda fase) e A Carballeira e todas elas levaban máis dunha década sen pavimentar, algunhas incluso dúas.

  • Publicado en Nigrán

Nigrán rematará esta semana o abastecemento á rúa San Roque, Camos

O Concello de Nigrán rematará a vindeira semana as obras para ampliar a rede de abastecemento a toda a rúa San Roque de Camos mediante a conexión ao colector xeral da PO-332 (rúa dos Pazos). A actuación consiste na instalación dun tramo de 170 metros de tubaxe que una ambos puntos. Os traballos teñen un orzamento é de 37.166 € con cargo al Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

  • Publicado en Nigrán

Nigrán rematará as obras de saneamento de Camos ao longo do mes de marzo

O Concello de Nigrán e Aqualia están a informar aos veciños de Parada e Camos onde se están a rematar as obras de instalación do abastecemento (barrios de Nandín, Igrexa, A Rúa, Con e A Reboreda) e a parte baixa de Camos (Castelo, A Lama, O Rial e as vivendas situadas nas inmediacións da PO-332, rúa dos Pazos) e do saneamento (entre os números 11 e 27 da Rúa do Castelo), das vantaxes que implica solicitar a conexión aos servizos municipais antes de que rematen as obras no mes de marzo.

  • Publicado en Nigrán

Nigrán elimina os postes de baixa tensión da rúa San Roque en Camos

O Concello de Nigrán emprendeu esta pasada semana as obras que permitirán eliminar, definitivamente, os postes que invaden aleatoriamente a calzada e beirarrúas da rúa San Roque (Camos) coa conseguinte mellora da seguridade vial e da accesibilidade para peóns e condutores. Así, o Goberno local resolverá entre o mes de febreiro e marzo esta débeda histórica coa parroquia e reiterada dende hai unha década pola Asociación de Veciños 'A Camoesa'. Con anterioridade, e a instancias do Goberno local, telefónica soterrou o seu tendido.

  • Publicado en Nigrán

Nigrán inviste preto de 143.000 euros no asfaltado de trece rúas en Camos

O Concello de Nigrán deu hoxe luz verde, en Xunta de Goberno, ao asfaltado de trece rúas da parroquia de Camos por importe de 142.731 € a cargo do Plan Concellos 2019 da Deputación de Pontevedra. Estas atópanse nos barrios de As Pedras, A Lama, A Touza, O Carballal, A Cruz, Marín, Vilar, O Sobral, A Rotea (segunda fase) e A Carballeira.

  • Publicado en Nigrán

Nigrán inviste 55.000 euros no muro de contención do cemiterio de Camos

O Concello de Nigrán iniciou esta semana as obras para a construción dun muro de contención no cemiterio de Camos no seu extremo norte, coincidindo coa rúa do Sobral. Os traballos, cun prazo de execución dun mes e medio, foron adxudicados á empresa Sestrama Ibérica S.L. por 59.647 € e permitirán garantir a seguridade nesta rúa e que, ao mesmo tempo, deixen de producirse desprendementos sobre os nichos.

  • Publicado en Nigrán
Suscribirse a este canal RSS