Baiona, nova senda peonil no Camiño da Costa e miradoiro en Monte Alto

O Camiño a Santiago pola costa ao seu paso por Baiona contará, este mesmo verán, cunha nova senda dun quilómetro de lonxitude e 2,5 metros de largo e un miradoiro no lugar de Monte Alto que permitirá gozar do valor paisaxístico da zona. Así se anunciou hoxe na sinatura do convenio entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Baiona, na que estiveron presentes a presidenta Carmela Silva, o deputado de Mobilidade Uxío Benítez e o alcalde Ángel Rodal.

  • Publicado en Baiona

A Deputación acada o desbloqueo da senda do Camiño pola Costa de Baiona

A Deputación de Pontevedra acaba de desbloquear o seu proxecto para mellorar a mobilidade peonil e a seguranza viaria nas estradas provinciais EP-2202 e EP-2203 que coinciden co Camiño de Santiago pola costa ao seu paso polo Concello de Baiona. A xustificación presentada polo departamento de Mobilidade provincial conseguiu convencer á Dirección Xeral de Patrimonio, que agora admite unha senda peonil de 2,5 metros de anchura mentres que no seu primeiro informe esixía que se reducise a “non moito máis dun metro”.

  • Publicado en Baiona

Baiona amplia as visitas «Xoves no Camiño» ata Santa Cristina de Sabarís

A iniciativa do Concello de Baiona denominada «Xoves no Camiño» que ten como finalidade dar a coñecer o paso do Camiño Portugués pola Costa por Baiona, vén de ser ampliada ata a igrexa de Santa Cristina de Sabarís, logo da boa acollida por parte dos participantes. A Concellería de Turismo organiza, este ano, un programa completo de rutas por Baiona co obxectivo de pór en valor o patrimonio cultural e artístico.

  • Publicado en Baiona

Baiona incrementa o número de peregrinos de paso nun 40% respecto ao 2016

A Oficina de Turismo do Concello de Baiona recibiu ata o pasado 31 de xullo un total de 1.170 peregrinos que percorren a ruta xacobea polo Camiño pola Costa, o que representa un aumento do 40 % sobre as cifras recollidas no mesmo período do ano pasado, cando pasaran polas instalacións municipais 718 camiñantes. Ao longo do ano 2016, o número de peregrinos que visitaron a Oficina de Turismo foi de 1.640, dos que 405 procedían do territorio nacional e 1.235 foron estranxeiros (75% do total).

  • Publicado en Baiona

A Xunta rexeita o proxecto do Camiño da Costa por Baiona

O proxecto da Deputación de Pontevedra para a «Mellora da mobilidade peonil e da seguridade viaria nas EP-2202 e EP-2203 que coinciden co Camiño de Santiago pola Costa» no Concello de Baiona vén de ser rexeitado pola Xunta de Galicia. A Dirección xeral de Patrimonio emitiu un informe desfavorable que esixe que a senda peonil prevista na actuación cun ancho de 2,5 metros sexa reducida a “non moito máis dun metro”. A chegada do informe autonómico, vén de cancelar a sinatura do convenio entre a institución provincial co Concello de Baiona, que estaba prevista para o vindeiro mércores, coa intención de sacar a licitación o proxecto e iniciar as obras canto antes.

  • Publicado en Baiona
Suscribirse a este canal RSS