16.8 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoAs NevesBTT e sendeirismo nos prolegómenos da Feira do Requeixo e Mel das...

    BTT e sendeirismo nos prolegómenos da Feira do Requeixo e Mel das Neves

    O vindeiro domingo, 24 de marzo, ACD Sanomedio, coa colaboración do Concello das Neves, organizan a VIII ruta BTT ‘Los 66 del Requesón’, e unha nova ruta de Sendeirismo polos montes da vila. Ámbalas dúas actividades forman parte da programación da Festa do Requeixo, que terá lugar nas Neves os días 19 e 20 de abril.

    A Ruta BTT, ten dous percorridos de dificultade media: un longo de 66 quilómetros e outro curto de 33 quilómetros. As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición nesta ligazón da ACD Sanomedio.

    A organización pon a disposición dos participantes: duchas, lavado de bicis, ‘Coche escoba’, ambulancia medicalizada, avituallamentos (un sólido máis un líquido, dous líquidos máis froita) e asistencia e ruta. Ó finalizar a proba habilitarase unha zona de asistencia fisioterapéutica da man de Equilibrio; Centro de Rehabilitación, Fisioterapia, Osteopatía e Biomecánica para os participantes que o precisen.

    Ademais, na meta os deportistas terán agardando un prato de pasta, requeixo e viño de Rubiós. O prezo xeral é de 10€.

    Sendeirismo
    Paralelamente a esta BTT terá lugar unha Ruta de Sendeirismo por Cerdeira que finalmente terá a distancia duns 8 quilómetros e pensada para todas as idades. Dispón de avituallamento sólido e líquido e de Seguro de Accidentes e desplazamento en autocar de ida e volta a Cerdeira.

    Será obrigatorio a inscrición previa entrando nesta ligazón ou por medio de SMS ou WhatsApp aos teléfonos 616 992 177 ou 629 270 651. Tamén se pode facer mandando un correo electrónico ao enderezo organización@acdsanomedio.com. O prezo é de 5 €.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.