O BNG de Redondela quere "núcleos urbanos máis habitables"

O candidato á Alcaldía de Redondela polo BNG-Asembleas Abertas, Xoán Carlos González, asegurou en Chapela que “o proxecto nacionalista pasa por núcleos urbanos máis habitábeis” ao mesmo tempo que se reafirmou na gratuidade da peaxe de Rande que, dixo, “debe ser o obxectivo dun alcalde do BNG”.

O BNG do Porriño ampliará a rede de saneamento nas parroquias

O BNG do Porriño asegurou que ampliará a rede de saneamentos nas parroquias do Porriño, “ante as demandas veciñais recollidas pola formación nacionalista” no proceso de asembleas abertas que desenvolveu cara os comicios do 24 de maio. Pedro Pereira, candidato á alcaldía polo BNG-Asembleas Abertas, explicou tamén á veciñanza que o seu programa de goberno inclúe un transporte interparroquial.

O BNG de Salvaterra presenta á candidatura e o programa de goberno

O vindeiro sábado 16 ás 21:00 na casa multiúsos de Salvaterra a candidata polo BNG, Marta Pérez Gil fará a presentación do programa e candidatura dos nacionalistas, seguidamente intervirá a deputada do parlamento galego Ana Pontón Mondelo, pechando o acto mesmo, o candidato á alcaldía de Salvaterra de Miño, Xosé Antón Outeiro González (Tití).

O BNG creará a figura de Coordinador de Actividades Deportivas

O BNG-Asembleas Abertas de Ponteareas creará a figura de coordinador de actividades deportivas, si recibe a confianza dos ponteareáns para gobernar a partir do 24 de maio, e promoverá a intervención dos clubs na planificación da política deportiva municipal, segundo anunciou o candidato da formación nacionalista, Xosé Represas. Amais, o BNG tamén fomentará o acceso aos deportes minoritarios e aos xogos tradicionais.

Os sindicatos comparten a idea do BNG dunha Mesa polo Emprego

O candidato á alcaldía polo BNG-Asambleas Abertas, Pedro pereira, reuniuse este martes con representantes dos sindicatos CIG, UGT e CC.OO., para darlles conta da proposta nacionalista de crear unha Mesa Municipal polo Emprego que abra un espazo de diálogo entre os diferentes actores implicados na economía do concello. A reunión desenvolveuse ao abeiro do programa de encontros sectoriais que fai a candidatura nacionalista.

BNG do Porriño, "o superávit débese aos recortes do PP”

O BNG do Porriño rexeitou hoxe o que cualifica de “anuncios triunfalistas” do Goberno Local sobre o resultado das contas municipais. Segundo os nacionalistas porriñeses, estes resultados obtivéronse polas “políticas de recortes e austeridade do PP de Madrid” que limitaron a capacidade de xestión dos concellos.

Represas renunciará "ao soldo de alcalde para destinalo a crear emprego ”

Renunciar ao salario que lle correspondería como alcalde de Ponteareas “e destinado a subvencionar a creación de emprego e postos de traballo por pequenas empresas e comerciantes”. Ese e o compromiso que anunciou o candidato á alcaldía polo BNG, Xosé Represas, no mitin central de campaña desenvolvido no Auditorio Reveriano Soutullo.

Suscribirse a este canal RSS