O BNG cualifica de “escándalo” o uso privado dun camión municipal en Mondariz Balneario

O portavoz e candidato do BNG á alcaldía de Mondariz Balneario, César Gil, denunciou o que cualifica de “uso indebido do camión que a Deputación Provincial entregou ao Concello, no marco do desenvolvemento do Plan Revitaliza”. Trátase, segundo indica Gil, “dun pequeno camión dotado de guindastre destinado a funcións de apoio á implantación do programa de compostaxe do lixo”.

O BNG das Neves á procura dunha maioría que permita realizar proxectos de futuro

O Bloque Nacionalista Galego das Neves tentará acadar o apoio suficiente das veciñas e veciños para poder levar adiante os proxectos que permitan o desenrolo da "nosa vila”, segundo sinalaba o alcalde e candidato á reelección pola forza nacionalista, Xosé Manuel Rodríguez Méndez quen aseguraba que "este é o obxectivo dos homes e mulleres que forman parte da candidatura do BNG para as vindeiras Eleccións Municipais".

César Gil chama a abrir "un tempo novo" co BNG para revitalizar Mondariz Balneario

O candidato do BNG á alcaldía de Mondariz Balneario, César Gil, presentou ante un cento de persoas as principais propostas do proxecto do Bloque para a localidade. Arroupado pola deputada do BNG no Parlamento Galego, Olalla Rodil, e pola alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, o candidato destacou “o aval do traballo serio e rigoroso ao servizo da veciñanza que o BNG leva demostrando na vila dende hai décadas, que é fundamental para o cambio político que vivirá Mondariz Balneario dende o 26 de maio”.

Sandra González preséntase oficialmente como candidata á alcaldía de Tomiño polo BNG este sábado

Este sábado 23 de marzo Sandra González presentará en acto público no Auditorio de Goián, ás 20:30 horas, a súa concorrencia como candidata á alcaldía de Tomiño para as vindeiras eleccións locais de maio. Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, e Miguel Anxo Fernández Lores, actual alcalde de Pontevedra e candidato á alcaldía da cidade, arrouparán á candidata neste acto público.

  • Publicado en Tomiño

O BNG esixirá no Parlamento que se manteña aberta a escola de San Mateo

O deputado do BNG no Parlamento Galego, Luís Bará, mantivo un encontro coa comunidade escolar de San Mateo de Oliveira para trasladarlles a proposta que os nacionalistas defenderon hoxe xoves no Parlamento para manter aberta a aula no vindeiro curso 2019/2020 e que sexan aceptadas as solicitudes de escolarización das familias.

Ana Pontón, na presentación da Candidatura do BNG de Redondela

O BNG de Redondela xa conta con candidatura para as próximas eleicións municipais do 26 de maio, candidatura que será presentada á veciñanza nun acto aberto que terá lugar o xoves 21 de marzo, ás 20 horas, no multiúsos da Xunqueira e no que participará a voceira nacional do BNG, Ana Póntón; Maria Xosé García, Cecilia Pérez, Jessica García, e Xoán Carlos González.

Suscribirse a este canal RSS