A comarca do Condado-A Paradanta recibe financiación en catro iniciativas locáis para a xuventude

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, destinará case 23.600 euros a catro concellos da comarca do Condado-A Paradanta coa finalidade de poñer en marcha programas dedicados á mocidade durante o ano 2019. Nesta comarca víronse beneficiados os concellos da Cañiza e Ponteareas con 6.000 euros cada un, así como Mondariz, con 5.977 e Arbo con 5.600 euros.

576 clubes da provincia reciben este ano axudas da Deputación para o deporte federado

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a concesión das subvencións aos clubs deportivos da provincia que participan en competicións federadas de ámbito inferior a nacional para o ano 2019. Benefícianse este ano un total de 576 clubs da provincia, 19 máis que o ano pasado, pertencentes a 58 concellos da provincia de Pontevedra, tal e como sinalou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.

Os Socialistas comprometen axudas ás Comunidades de Augas e un espazo deportivo en Camos

O alcalde socialista de Nigrán e cabeza de lista ás eleccións municipais do 26 de maio, Juan González, comprometeu onte no seu encontro cos veciños de Camos a creación dun espazo deportivo onde está o actual campo de fútbol de A Camoesa, cuestión demandada polos propios veciños, así como unha liña de axudas ás comunidades de augas da parroquia mentras non se completa a rede de abastecemento municipal.

  • Publicado en Nigrán

Tomiño recibe tres subvencións por importe de 827.000 euros para proxectos de eficiencia enerxética

O Concello de Tomiño vén de recibir tres novas subvencións do IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (Ministerio de Transición Ecológica de España), por importe de 827.067,77 euros, para acometer importantes proxectos de eficiencia e aforro enerxético. O pleno de Tomiño aprobou en sesión extraordinaria este luns un expediente de modificación de crédito de 502.993,19 euros que lle permitirá achegar ao Concello a parte que lle corresponde na financiación de tales proxectos, para os que o Concello achegará uns 470.000 euros de fondos propios.

  • Publicado en Tomiño

A Deputación abre o prazo para que os concellos soliciten axudas para patrimonio histórico

O Boletín Oficial da Provincia vén de publicar as bases das axudas para a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico e cultural dirixidas aos concellos da provincia, cuxo prazo de solicitude rematará o 8 de febreiro. Ao igual que en convocatorias anteriores, poderán presentar solicitudes todos os concellos da provincia con menos de 50.000 habitantes co obxecto de recuperar e rehabilitar deste tipo de patrimonio existente na provincia, sempre que sexa de titularidade municipal.

A Guarda convoca axudas para deportistas individuais

O Concello da Guarda ven de aprobar as axudas dirixidas a deportistas individuais do municipio a través dunha partida do orzamento municipal por importe de 3.000 €. As bases da convocatoria, que se farán polo sistema de concorrencia competitiva, poden ser consultadas na web municipal www.aguarda.es no Boletín Oficial de Pontevedra e no Taboleiro de Anuncios do Concello.

  • Publicado en A Guarda
Suscribirse a este canal RSS