Tomiño axuda ás entidades de carácter social

O Concello de Tomiño vén de conceder unha liña de axudas a entidades de carácter social que beneficia a máis de 1.000 usuarios e usuarias das entidades beneficiadas. Nas bases para a concesión destas axudas, priorizábase o interese social e o programa de actividades desenvolvidas polos colectivos presentados así como o número de beneficiarios directos e indirectos.

  • Publicado en Tomiño
Suscribirse a este canal RSS