Eva García nega a "desatención" que denuncian os afectados polas canteiras de Atios

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, lembrou que o Concello do Porriño "ten intermediado entre os afectados das canteiras de Atios e a firma Pocasa mediante senllas reunión que recentemente mantivo a propia alcaldesa ámbalas dúas partes na Casa do Concello". De la Torre nega, polo tanto, “a suposta desatención que denuncian os veciños de Atios”, un dos motivos que os afectados alegan coma un dos motivos para próximas movilizacions.

A veciñanza de Atios mobilízase contra os danos das canteiras

A Asociación de Afectados polas Canteiras de Vilafría e do Carbón vén de convocar a todos os veciños e veciñas de Atios a unha mobilización, o vindeiro domingo día 21, ás 12:00 hs., en protesta por como se está levando a cabo a restauración da canteira de Vilafría e para reclamar o pago das indemnizacións "que a industria do granito lle adebeda aos veciños polos danos causados nas súas vivendas", aseguran os convocantes.

A piques de rematar os traballos de recuperación da antiga escola de Atios

Os traballos de recuperación da antiga Escola Unitaria de Covelo, na parroquia de Atios, están chegando á súa finalización logo dun traballo levado a cabo polas Concellerías de Vías e Obras, que dirixe Manuel Carrera, e de Emprego e Formación e Benestar, que xestiona Soledad Girón. Precisamente, a Concellería de Vías e Obras vén de rematar a colocación das fiestras, portas e persianas no inmoble, cun investimento total de 24.000 € con cargo ao «Plan Concellos» da Deputación de Pontevedra.

As obras de saneamento do campo do Atios, no Porriño, rematarán neste mes

A Concellería de Vías e Obras, que dirixe Manuel Carrera, está realizando dende hai unha semana os traballos para levar o saneamento aos novos vestiarios e aos baños públicos do Campo de fútbol de Atios. Carrera apunta que as obras contan cun orzamento total de 30.000 € e abranguen o ancheamento da estrada, dende a popularmente coñecida como «chegada do Carballo» ata a Travesía de Novás, un treito de máis de 200 metros, “o cal mellorará a entrada e saída de vehículos dende o campo de fútbol”.

Un "adestramento privado" para un rally, indigna aos comuneiros de Atios

A Xunta Directiva da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Atios, no Porriño, amosou hoxe a súa indignación por o "adestramento particular" dun coche para un rally o pasado martes 10 de abril, "acompañado dun forte despregamento da policía local do Porriño" que cortaron o tráfico nun treito da pista que une os dous barrios e atravesa propiedades da comunidade de montes de Atios, sin que esta tivera coñecemento deste feito e sen que se lle pedira permiso para a súa utilización, sinalan os comuneiros.

Os comuneiros de Atios cualifican de "clamoroso erro político" o recurso sobre as canteiras

Nunha decisión que a Comunidade de Montes de Atios cualifica de "lamentable e clamoroso erro político", o feito de que os grupos que forman o goberno local do Porriño ─PSOE e UDDL─, xunto co Partido Popular, votasen en contra da moción presentada polo BNG, (que recibiu o voto a favor de EU Son), na que se pedía poñer fin ao preito das canteiras de Atios e asinar un convenio de colaboración entre Concello e a comunidade.

O Porriño recorrerá a sentenza sobre a canteira de Atios

O Concello do Porriño recorrerá a sentenza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño que declara comunais os terreos de monte en Atios ocupados polas canteiras e outras explotacións industriais. Así transmitiullo este mércores a alcaldesa, Eva García de la Torre aos membros da xunta directiva da Comunidade de Montes de Atios, cos que mantivo unha xuntanza esta mañá no seu despacho do Concello.

Suscribirse a este canal RSS