A Asociación de Empresarios de Redondela, satisfeito coa campaña de Nadal

A Asociación de Empresarios de Redondela vén de pechar a campaña de Nadal co sorteo dun vale de compra de 1.000 euros para gastar nos establecementos asociados e que recaeu en Cristina Boullosa Miguez, por unha compra realizada na tenda de calzado Hipercalzados Raúl. A Asociación, amais, amosou a súa satisfacción por unha campaña que tivo "un volume de participación especialmente alto respecto a campañas anteriores.

Concello e Asociación de Empresarios de Redondela, asinan un convenio de colaboración

O Alcalde de Redondela, Javier Bas, vén de asinar esta semana un convenio coa Asociación de Empresarios de Redondela dotado con 6.000 euros e que axudará ao desenvolvemento de actividades de dinamización comercial e empresarial en Redondela. Entre as actividades promovidas están a Ruta do Pincho ou a Feira de Oportunidades. A asociación terá que xustificar os gastos mediante facturas para poder cobrar o importe concedido no antedito convenio.

A noite de compras máis especial de Redondela, vístese de tropical

A Asociación de Empresarios de Redondela vén de presentar unha nova edición da Shopping Night ou Noite Tropical de Compras, que se celebrará o vindeiro venres día 3 de agosto, xornada na que os establecementos participantes estarán abertos ata as 00:00 h. A iniciativa foi presentada polo presidente da Asociación de Empresarios de Redondela, Enrique Lago e pola concelleira de Cultura do Concello de Redondela, Teresa París.

Obradoiros de marketing dixital da Asociación de Empresarios de Redondela e ONTHEBUS

Os días 11 e 12 de abril a partir das 20:30 h na sede da Asociación de Empresarios de Redondela, abordaranse diversas temáticas sobre Marketing Dixital e se fará dende unha visión eminentemente práctica, nunha iniciativa posta en marcha pola asociación de Empresaros redondeláns en colaboración coa consultora en innovación, afincada en Redondela, ONTHEBUS. A convocatoria tamén está aberta a calquera outra empresa, particular ou colectivo aínda que só as empresas asociadas teñen unha redución no prezo de inscrición.

‘Días Azuis’ unha iniciativa dos empresarios de Redondela e Abanca para a dinamización comercial

A asociación de Empresarios de Redondela, en colaboración con Abanca, vén de presentar a campaña ‘Días Azuis’ que ten como obxectivo principal a dinamización comercial do municipio e ao mesmo tempo a fidelización dos clientes. As persoas que merquen no comercio de proximidade ata o 30 de xuño, poderán participar no sorteo de tarxetas prepagamento de 500, 300 e 150 euros para mercar novamente no comercio galego.

Suscribirse a este canal RSS