Aberto prazo para novos ingresos no Conservatorio Municipal de Música da Guarda

Dende o luns 3 de xuño e ata o venres 21 de xuño ábrese o prazo de reserva de praza para os alumnos e alumnas de novo ingreso no Conservatorio Municipal de Música da Guarda. Todos os interesados poden realizar a súa reserva no propio conservatorio de luns a venres en horario de 16:00 h a 20:00 h. Máis información no teléfono 986 61 02 83

Tres colexios tomiñeses participan na 'Bienal dos Pequeninos' de Vila Nova de Cerveira

Tres centros de Primaria e Infantil de Tomiño acoden á novena edición de Educarte 2019, mostra de arte infantil e xuvenil incluída este ano na senda da Eurocidade Tomiño-Cerveira. Os colexios de Sobrada, Goián e Tomiño (Pedro Caselles) asisten cos seus traballos, á exposición coñecida na zona coma a 'Bienal dos Pequeninos', e inaugurada esta mañá coa presenza de autoridades de ambos os municipios fronteirizos.

  • Publicado en Tomiño

A Eurocidade achega a arte a máis de 400 estudantes de Tomiño e Cerveira

Diversión, convivencia e achegamento ao mundo da arte. Eses son os piares das cinco sesións de actividades artísticas organizadas pola Escola Superior Gallaecia de Cerveira en colaboración coa Mesa de ANPAs de Goián e a ANPA Solleiro do IES Antón Alonso Ríos ao abeiro dun dos proxectos gañadores na votación do Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT) 2018.

  • Publicado en Tomiño

AER propón combater o feismo urbano de Redondela con murais artísticos

A Agrupación de Electores de Redondela (A.E.R.) presentará unha moción ao Pleno do Concello para que se implante un programa de murais artísticos (graffitis) para combater o feísmo arquitectónico. Na proposta, AER solicitará que o Goberno Local dispoña da financiación necesaria para levar adiante esta idea. Asemade, AER propón que o Goberno Local involucre aos propietarios públicos ou privados das edificacións e infraestruturas candidatas a posibles intervencións artísticas.

Orixinal obradoiro de iniciación ao humor gráfico galego na biblioteca municipal de Ponteareas

A Concellería de Cultura, que dirixe Hortensia Bautista, vén de anunciar a realización dun orixinal obradoiro de iniciación ao humor gráfico galego impartido polo debuxante e deseñador Pablo Prado, “Fuco”. Este obradoiro, totalmente de balde, será impartido do xoves 31 de Xaneiro ao venres día 1 de febreiro de 18 h a 20 horas na biblioteca municipal de Ponteareas.

O proxecto artístico «A Guarda Escrita nas Estrelas», a estudo pola Universidade de Vigo

O Concello da Guarda, a Universidade de Vigo e os artistas Nuvi & éxfico, veñen de asinar un protocolo de colaboración para a realización dun estudo para a toma de mostras para unha investigación científica sobre materiais e posibles fenómenos de degradación no proxecto «A Guarda escrita nas estrelas» de pintado do espigón norte de abrigo do Porto da Guarda.

A Guarda inaugura este martes a Exposición «Auga, o sangue da terra»

O vindeiro martes día 11 de decembro ás 20:00h a Sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda acolle a inauguración da Exposición «Auga, o sangue da terra», un proxecto de Manuel Valcárcel no que, como explica, "é un elemento vital ao que quixen render esta humilde homenaxe en comparación co que representa, parte de todo o que somos e todo o que crea. Elemento vital que debe ser motivo de unión e xamais de discordia".

  • Publicado en A Guarda
Suscribirse a este canal RSS