Areeiro advirte do "elevado risco" de aparición do mildeu

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA), centro dependente da Deputación de Pontevedra, informa no seu aviso fitosanitario semanal que á primeira mancha de mildeu detectada nunha parcela do Rosal o pasado martes, hai que sumarlle xa dúas máis en sendas parcelas do Salnés. Os técnicos da EFA indican que, aínda que no resto de fincas non se detectaron de momento síntomas desta enfermidade, espérase que aparezan nos próximos días.

A Mostra de Cultivos do Baixo Miño, de récord

A décimo sexta edición da Mostra de Cultivos do Baixo Miño pechou as súas portas cun balance máis que positivo desta nova edición e con cifras de récord, tanto en participación do público profesional coma na asistencia e implicación do público xeral. Nesta edición na que a Asociación de Cultivos do Baixo Miño (acuBam), organizadora do evento xunto co Concello de Tomiño, apostaba pola profesionalización do sector entendida dun xeito transfronteirizo contou coa participación de 44 empresas, 30 delas expositoras e 14 colaboradoras.

  • Publicado en Tomiño

Dez empresas do Baixo Miño presentaron as súas innovacións na Mostra de Cultivos

Seguir crecendo adaptándose ás necesidades do mercado e apostando por novos e novidosos produtos. Ese é un dos obxectivos do sector e que a Mostra de Cultivos do Baixo Miño recolle dende hai catro anos reservando un espazo dedicado aos novos produtos, sistemas, proxectos ou maquinaria que as empresas da comarca introducen no sector. Este ano, dez empresas do agro do Baixo Miño presentaron ata trece novidades dentro de acuBam Innovación, dando cobertura a todos os elos da cadea de valor do sector na contorna.

  • Publicado en Tomiño

José Souto, gañador da primeira edición dos 'Premios Xardín Galego'

O paixasista José Souto foi o gañador da primeira edición dos 'Premios Xardín Galego', un galardón posto en marcha pola Asociación de Cultivos do Baixo Miño (acuBam) e a Asociación Galega de Empresa de Xardinería (Agaexar) para recoñecer e difundir actuacións exemplares en traballos de xardinería pública e privada realizados por empresas e autónomos de Galicia, dignificando e promocionando o sector da xardinería na comunidade autónoma.

  • Publicado en Tomiño

O Baixo Miño adapta o seu agro para un desenvolvemento sostible

Cambio climático, contaminación, despoboación... son algúns dos problemas máis importantes aos que se enfronta o agro, un sector que no Baixo Miño leva tempo traballando e esforzándose por convertese en motor de desenvolvemento sostible da comarca, tanto a nivel ambiental como económico e social. Por este motivo, as empresas do sector levan tempo implementando sistemas de optimización enerxética e de recursos.

  • Publicado en Tomiño

O sector agro do Baixo Miño despega nos mercados internacionais

O sector agro no Baixo Miño é unha actividade produtiva cun grande impacto social e económico na contorna, cunha actividade de produción crecente e con cada vez máis peso en todas as súas subáreas: a planta ornamental, a flor, a froita e o viño, así como os servizos auxiliares. Máis de 1.000 hectáreas de produción, máis de 1.120 persoas empregadas en tempada alta e unha facturación de case 68 millóns de euros anucia reflicten a importancia do sector en termos de produción, rendabilidade e impacto social.

  • Publicado en Tomiño
Suscribirse a este canal RSS