ACiP asegura que o gasto do Paseo Matutino "superou o establecido inicialmente"

Alternativa Ciudadana de Ponteareas vén de denunciar que a obra de humanización do Paseo Matutino, que segundo o seu portavoz, Juan Carlos González Carrera, "foi a única que levou adiante o actual Goberno" supón un claro exemplo "de malgasto económico". As obras, iniciadas en setembro de 2018 deberían ter, segundo González Carrera, unha duración dun mes e medio "cando a realidade foi que rematouse 'inicialmente' o 30 de decembro" sendo orixe de contratempos e molestias "para veciños e comerciantes".

ACiP denuncia "irregularidades" na contratación do alumeado de Nadal de Ponteareas

Alternativa Ciudadana de Ponteareas asegurou ter constatado "graves irregularidades" na contratación do alumeado de Nadal de Ponteareas. Segundo ACiP, no acordo asinado, a empresa debería dotar de alumado de Nadal á vila entre o 8 de decembro de 2018 e o 6 de xaneiro de 2019. Os independentes aseguran que "moitas das luces instaláronse entre os días 17 e 19, ou mesmo o 21 de decembro" e porén a emprega, agora, pasa unha factura reclamando a totalidade do importe.

ACiP denuncia "irregularidades" na contratación do alumeado de Nadal de Ponteareas

Alternativa Ciudadana de Ponteareas asegurou ter constatado "graves irregularidades" na contratación do alumeado de Nadal de Ponteareas. Segundo ACiP, no acordo asinado, a empresa debería dotar de alumado de Nadal á vila entre o 8 de decembro de 2018 e o 6 de xaneiro de 2019. Os independentes aseguran que "moitas das luces instaláronse entre os días 17 e 19, ou mesmo o 21 de decembro" e porén a emprega, agora, pasa unha factura reclamando a totalidade do importe.

O PSOE de Ponteareas apoia á manifestación contra os recortes sanitarios

O PSdeG-PSOE de Ponteareas e a candidata socialista á alcaldía, Chus Garrote, veñen de anunciar o seu apoio, unha vez máis, á manifestación pola defensa da sanidade pública. A manifestación terá lugar o vindeiro 8 de febreiro ás 19:00 horas en Ponteareas e sairá desde a casa do Concello de Ponteareas. Para os socialistas de Ponteareas esta é unha nova oportunidade “para demostrarlle á Xunta de Galicia e a Feijóo o rexeitamento dos veciños e veciñas á política de recortes e ao desmantelamento da sanidade”.

ACiP denuncia a "falta de planificación" nas axudas ás traídas de augas

Alternativa Ciudadana de Ponteareas (ACiP) denunciou hoxe "a falta de planificación" do Goberno local no que fai referencia ás axudas ás comunidades de traídas de augas. Segundo portavoz dos independentes, Juan Carlos González Carrera, a alcaldía publicaba unha resolución coa listaxe de comunidades de traídas de auga ás que se aprobaba a solicitude de axudas para a realización de obras e a contía adxudicada a cada unha delas.

ACiP presenta, o sábado 15, o seu candidato á alcaldía de Ponteareas

"Logo da última xuntanza mantida, o comité executivo de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, ACiP, vén de aceptar a proposta de candidato á alcaldía da vila designada pola Xunta Directiva desta formación". Unha candidatura, sinala no seu comunicado Alternativa Ciudadana, "que trata de reflectir o sentir de afiliados e dos simpatizantes máis achegados a este grupo político, formada por un equipo xove pero con ampla experiencia na vida política municipal".

ACiP pide a exposición pública do PXOM "para garantir a seguridade xurídica deste documento"

Ao igual que o fixera na rolda de prensa convocada para tratar do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ponteareas, o portavoz de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, ACiP, Juan Carlos González Carrera, vén de pedir novamente ao Goberno local a exposición pública do Plan ao tratarse dun importante documento "que determinará o desenvolvemento urbanístico da vila nos próximos anos" e, engadía, para "evitar a máis que probable inseguridade xurídica do mesmo".

Suscribirse a este canal RSS