ACiP solicita un debate público con todas as candidaturas de Ponteareas

O candidato á alcaldía de Ponteareas por ACiP, Juan Carlos González Carrera, ven de presentar por rexistro de entrada no Concello unha petición ao alcalde, para que este leve adiante un debate público cos candidatos e candidatas á Alcaldía do municipio de tódalas formacións políticas que concorran nestes comicios.

ACiP anuncia a creación de 500 prazas de aparcamento "nos 100 primeiros días"

Alternativa Ciudadana de Ponteareas vén de presentar unha batería de medidas "para os primeiros cen días de Goberno", sinala o seu portavoz Juan Carlos González Carrera. Entre estas medidas atópase a "creación de 500 prazas de aparcadoiros públicos ou a mellora da seguridade nos pasos de peóns" para dar solución a un problema, como o do tráfico, "que de rebote está afectando ao comercio e á hostalería".

ACiP presenta un 'Plan Estratéxico' para impulsar o turismo de Ponteareas

Alternativa Ciudadana de Ponteareas, ACiP, presentou dentro das súas propostas para as vindeiras eleccións municipais o seu Plan Estratéxico de Turismo, unha iniciativa que busca non so poñer en valor os moitos recursos turísticos cos que conta Ponteareas, senón tamén “potenciar o comercio e a hostalería de Ponteareas”. Para Juan Carlos González Carrera, a potenciación do sector turístico “aporta importantes beneficios para a economía local”.

O PSOE ponteareán denuncia "a fuxida de concelleiros do PP e ACiP" do Pleno

O Partido Socialista de Ponteareas, a través da súa portavoz municipal e candidata á alcaldía, Chus Garrote, denunciou hoxe o que cualifica de "fuxida de concelleiros do Partido Popular e ACIP na metade da sesión plenaria", algo que Garrote sinala como "vergoñoso e inadmisible". “O que fixeron PP e ACIP foi insultar aos veciños e veciñas de Ponteareas”, afirma a concelleira socialista.

ACiP "lamenta" o estado da Estación de Autobuses

O portavoz de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, Juan Carlos González Carrera, lamentou hoxe o estado no que se atopa a Estación de Autobuses de Ponteareas que evidencia, sinala, "falta de mantemento diario e asemella que o goberno local busca excusas para pechar definitivamente esta instalación". A situación desta instalación é, para o portavoz de ACiP "unha deixación de funcións do Concello que está obrigado ao correcto mantemento dos servizos municipais". 

ACiP "pensa en verde" e aposta pola biodiversidade en Ponteareas

Alternativa Ciudadana de Ponteareas, ACiP, vén de car a coñecer as iniciativas que inclúe no seu plan 'Biodiversidade' que busca a creación de "distintas e contornas que aposten por unha Ponteareas máis verde e respectuosa". ACiP aposta por un desenvolvemento "aparellado ao respecto polo medio ambiente, a reciclaxe e o aproveitamento dos recursos que nos ofrece unha contorna eminentemente rural". 

ACiP presenta os primeiros once compoñentes da súa lista ás municipais

Logo da presentación de Juan Carlos González Carrera como candidato á alcaldía de Ponteareas por ACiP, a formación independente deu a coñecer hoxe o que, coloquialmente chámase 'a lista de maioría absoluta' é dicir, no caso de Ponteareas cunha corporación composta por 21 concelleiros e concelleiras, os once primeiros postos da lista. Amais de González Carrera, na lista figuran Raquel Bautista, Jose Luis Rodríguez, Pablo Araujo, Ana Lorenzo, Manuel Gregores, José Luis Núñez, Montserrat González, José Fernández, Raquel Cabaleiro e Marcos Misa.

ACiP demanda ao Concello que se informe sobre o calendario das ITV móbiles

O portavoz de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, Juan Carlos González Carrera, demandou do Concello de Ponteareas que se dea información á veciñanza "do calendario do servizo itinerante da ITV". Segundo González Carrera, no que levamos de 2019, a ITV para motocicletas e ciclomotores o xa pasou en xaneiro e febreiro, mentres que o de turismo o fixo dúas veces en marzo, sen que o Concello dera información puntual destas visitas. Este deixamento, sinala o portavoz de "pode provocar a perda dun servizo que custou traer ata a vila".

Suscribirse a este canal RSS