Nigrán rematará esta semana o abastecemento á rúa San Roque, Camos

O Concello de Nigrán rematará a vindeira semana as obras para ampliar a rede de abastecemento a toda a rúa San Roque de Camos mediante a conexión ao colector xeral da PO-332 (rúa dos Pazos). A actuación consiste na instalación dun tramo de 170 metros de tubaxe que una ambos puntos. Os traballos teñen un orzamento é de 37.166 € con cargo al Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

  • Publicado en Nigrán

"Auga apta para o consumo" nas últimas análises no abastecemento do Contrasto

As últimas análise realizadas por el Consorcio de Augas do Louro na prolongación da Rede Municipal de Abastecemento rematada hai unhas semanas no Contrasto, sinalan, de novo, que a auga é apta para o consumo. Estas analíticas –realizadas entre os días 8 e 21 de xaneiro– eran necesarias para que os máis de 300 veciñas e veciños que viven neste barrio, no que apareceran refugallos de lindano, puidesen conectar as súas vivendas á Rede Municipal de Abastecemento.

EU Ponteareas insiste na remunicipalización do servizo de abastecemento e saneamento

O Pleno da Corporación municipal de Ponteareas aprobou, na súa sesión do pasado 18 de decembro, a proposta de Esquerda Unida de iniciar o expediente de cara a determinar "a forma máis sostible e eficiente de xestionar os servizos de abastecemento da auga e saneamento e depuración de augas residuais". Segundo a lexislación vixente, este será o primeiro paso para chegar á remunicipalización do servizo de abastecemento e saneamento.

Mos inicia as obras de abastecemento ao barrio de Quintal

O Concello de Mos vén de dar comezo as obras de abastecemento ao barrio de Quintal, na parroquia de Louredo. Tal e como sinalaron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro Servizos, Camilo Augusto, esta ampliación da rede de abastecemento de auga potable realízase nunha distancia de 350 metros lineais e dará servizo a 12 vivendas e a unhas 50 persoas, cubrindo así as necesidades de abastecemento no barrio do Quintal.

  • Publicado en Mos

Porriño remata o asfaltado no lugar das catas de lindano no Contrasto

O Concello do Porriño está a piques de rematar asfaltado no barrio do Contrasto, en Torneiros, para tapar o pavimento nas zonas da catas realizadas polos técnicos da Xunta de Galicia que tomaron mostras para a realización dun ‘mapa’ sobre a presencia de lindano. As obras, que como todas as realizadas ata hoxe, están financiadas polo Concello do Porriño, contaron cun orzamento dun 30.000 € destinados, ademáis da realización do asfaltado, ao transporte de contedores e xestión das terras.

Ponteareas leva o abastecemento municipal de auga a Moreira

"O Concello de Ponteareas da un paso máis no compromiso adquirido coa veciñanza de priorizar os servizos básicos e amplía a rede de abastecemento beneficiando a vinte fogares máis que nunca tiveran conexión municipal de abastecemento de auga potable", asegurou o Goberno local que deu comezo aos traballos de abastecemento que permitirá que as vivendas as beiras do Tea comprendidas entre Urcela e Chan de Espiño, en Moreira, terán por vez primeira abastecemento de agua.

Ángel Rodal chama á colaboración cidadá ante a seca

O Concello de Baiona vén de facer público un bando da Alcaldía, na que o seu titular chama á colaboración cidadá de cara a adoptar medidas preventivas no consumo de auga. O alcalde, Ángel Rodal, que asegura que a situación "non é alarmante de momento", fai un chamamento ao "consumo racional da auga" para non ter que chegar a medidas de cortes de subministro.

  • Publicado en Baiona
Suscribirse a este canal RSS