Deputación e CSIC fortalecen relacións para a realización de actividades comúns

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, recibiu no Pazo Provincial ao novo delegado institucional do CSIC en Galicia, Antonio de Ron, e á directora da Misión Biolóxica de Galicia, Elena Cartea, “un día moi especial, dixo a presidenta provincial, porque poñemos en valor campos do coñecemento tan relevantes como a ciencia e a investigación”.

José Manuel Rey García, novo director do Museo de Pontevedra

“O Museo ten sorte, a Deputación ten sorte, e todos temos sorte porque resultou elixida unha persoa que coñece este Museo, ten experiencia e está no seu mellor momento profesional” aseguraba este sábado o vicepresidente da Deputación na presentación pública de José Manuel Rey García como novo director do Museo de Pontevedra. César Mosquera aproveitou para lembrar que cando se convocou a praza “xa anunciabamos que iamos a por todas, que buscabamos un perfil elevadísimo, con experiencia e capacidade, e con José Manuel Rey xuntámolo todo”.

'Desafío Domingo Fontán' gañador do 'I Hackathon DESTInno' das 'II Xornadas TurisTIC' da Deputación

As II Xornadas TurisTIC da Deputación de Pontevedra chegaron ao seu fin no Verbum de Vigo coa entrega dos premios do 'Hackathon DESTInno', iniciativa impulsada para galardoar as mellores solucións tecnolóxicas encamiñadas a fortalecer a eficiencia dos destinos turísticos. Deste xeito, o proxecto 'Desafío Domingo Fontán' acadou o primeiro premio, seguido de 'Niiru' na segunda posición e 'Rondar' na terceira.

'María Vinyals. Un talento rebelde' chega aos institutos de Mos e Baiona

Coa presenza da deputada de Igualdade, Isaura Abelairas, a Deputación de Pontevedra presentou este martes o libro 'María Vinyals. Un talento rebelde' no IES de Mos, diante de 136 alumnos e alumnas de 2º da ESO. Mañá mércores, 10 de abril, ás 13:00 horas, será a quenda do IES Primeiro de Marzo de Baiona, no que o libro será presentado ante 54 rapaces e rapazas de 1º da ESO. O obxectivo destes dous actos é dar a coñecer a historia de María Vinyals e levar o seu legado a prol da igualdade aos centros educativos da provincia.

A política local 'Con Voz de Muller'

Por vez primeira o PSdeG-PSOE de Pontevedra promoveu hoxe un acto no que fixo gala da forza feminina progresista coa que o partido concorre nas vindeiras eleccións municipais. Baixo o título 'A política local con Voz de Muller' as e os socialistas pontevedreses reuniron no Salón José Peña de Cambados a máis de 300 persoas que serviu para presentar ás candidatas ás alcaldías que concorren na provincia que representan un 44% do total das candidaturas que o PSdeG-PSOE de Pontevedra presenta.

'O Mar das Mulleres', proxecto para a visibilización das mulleres do mar

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto á profesora universitaria, María Álvarez Lires, deu a coñecer hoxe a novidosa iniciativa 'O mar das mulleres' froito da colaboración entre a institución provincial e a Universidade de Vigo e no marco do proxecto 'Mar en Feminino', que lidera a Facultade de Ciencias da Educación do Campus de Pontevedra. Silva destacou que se trata dun paso máis, o terceiro, trala creación da web marenfeminino.campusdomar.gal e a posta en marcha da exposición itinerante 'Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar'.

O Consello Consultivo ratifica a estratexia 'Río Miño Transfronteirizo 2030'

O Consello Consultivo do AECT Rio Minho, presidido polo director do agrupamento, Uxío Benítez, reuniuse onte na Escola Superior de Ciencias Empresariais de Valença, para dar o seu visto e prace a ‘Estratexia Río Miño Transfronteirizo 2030’. Ata 26 organismos de Galicia e Portugal, incluídas cámaras de comercio e asociacións de empresas, participaron no encontro, ao que tamén asistiu a secretaria de Estado de Desenvolvemento Rexional do país luso, María do Céu Albuquerque, en representación do Ministerio de Planeamento portugués.

Montserrat Boix, Desirée Vila e África González pechan as xornadas 'Muller e Poder'

A presidenta da Deputación, Camela Silva, clausurou esta tarde “Muller e Poder”, a xornada anual da Escola María Vinyals no Castelo de Soutomaior, sinalando que “nestes 4 anos confirmamos esta escola como un espazo de encontro para a cidadanía polo que fago un recoñecemento a todas e a todos que a fixeron posible“. A presidenta provincial definiu a Escola como un lugar “para reflectir, para formarnos e para que entendamos que o feminismo é a filosofía máis potente nunca creada, baseada nun mundo de igualdade onde todos e todas tiñamos o que nos corresponde.

Suscribirse a este canal RSS